Listado Galego - Aventuras curtas sinxelas de preparar gratuitas. Rolling Languages. Rol Enxebre.
- Lamia Escura
- 11 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 5 mar 2023
Normas para xogar estar partidas comigo de máster
As partidas xóganse no servidor de Discord
Pode haber aventuras nas que haxa segredos por parte do grupo ou incluso traizóns, non están marcadas cáles son para non descubrir a trama; polo que é bo que avisedes se aceptades ou non xogar este tipo de aventuras e que ninguén se vaia sentir mal.
Non se aceptan faltas de respecto entre membros da comunidad
Idiomas: galego, castelán e inglés
Se alguén está asistindo a unha escena que lle provoca malas sensacións e o está pasando mal pode mandar unha mensaxe privada á master avisándoa e esta saltará esa escena ou a avanzará cunha narración global. Admítense diferentes ferramentas de seguridade
Gravación das partidas: as partidas só poderán ser gravadas en caso de que cada integrante individualmente exprese explicitamente que desexa que se grave a partida

Lenda
✔️ - Xa dirixida
✅ - Lida
❌ - Non preparada
📚 - Varias sesións
Aventuras curtas (diferentes sistemas)
001 💤️ - ✔️Cidadela adormilada [Fantasía Medieval, Shadowshot, Dungeons&Dragons 5e] 📚
Na cidade de Tybra comezan a desbordarse por un estrano suceso... a xente cae rendida ó sono e non parece espertar... tocará investigar qué está pasando antes de caer baixo eses efectos tamén...
Sistema Dungeons&Dragons 5e
Temática Investigación
Nivel Iniciación, 1
Duración 6-10h
Autoría José Manuel Bringas
Colección Ávalon 2.0
002 💕 - ✔️Orxía Caníbal San Valentín [Terror, Shadowshot, Zero]
Todo lista para a vosa cita romántica de San Valentín. Estades para comeros cos vosos traxes de festa. Só falta Susan, que chega tarde... coma sempre.
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Gore/Terror
Nivel medio
Duración -
Autoría Ana Belén Herrera de la Cruz
Colección Shadowshot
003 🏚️ - ✅ Un susurro descarnado [Terror, Shadowshot, Zero]
A familia Stanhope acaba de mudarse, ó pouco comezan a escoitar "esas voces"... susurros intelixibles que soan aquí e acolá... as cousas non irán a mellor...
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Nivel medio
Autoría Álvaro Loman
Colección Shadowshot
004 🛰️ - ✅ IBU [Terror, Shadowshot, Zero]
A humanidade trascendeu; chegou "A Era Inmortal".
IBU é a IA da nave na que viaxades cara o centro do universo, nela está descargada a vosa consciencia mentres os vosos corpos descansan, baleiros. Espertaredes cando cheguedes a destino.
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Investigación/Terror
Nivel medio
Duración
Autoría Fco. Javier Valverde
Colección Shadowshot
005 ⚰️ - ✔️Post-mortem [ Terror, Shadowshot, Zero]
Todo o pobo de Granite Falls asiste ó enterro de Kylie, incluidas vós, que vides despedir á vosa amiga da infancia tras anos dende que vos mudástedes...
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Investigación/Terror
Nivel Iniciación
Duración 4h
Autoría Ana Belén y Joaquim M. Marqués
Colección Shadowshot
006 🏏 - ❌ Sarxento Slasher [Terror, Shadowshot, Zero]
Nun «casoplón» de vacacións á beira do Lago Tahoe estase celebrando unha festa. A cervexa de barril e o ponche alcoholizado corren a raudales. Blondie soa na radio cassette mentres adolescentes menéanse no dance floor e outros retozan no sofá e nos dormitorios do piso de enriba. Hai quen vomitan, quen ríen, quen choromican... un fiestón. Fóra todo é paz, como corresponde a un recuncho con encanto, pero aproxímanse un pasos.... sangue e vísceras... ¡¡CORRE!!
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Autoría George Ontherocks
Colección Shadowshot
007 📵 - ✔️ The Dead Meat Mavericks [Terror, Shadowshot, Zero]
Somos rapazada con necesidade de cobertura móbil, parece que só hai preto desa mansión, qué pode saír mal?
Unha vez saltades o valado que rodea a mansión, xa non hai volta atrás... Ricardo III cambiaba o seu reino por un cabalo e vós sodes quen de dar a vida por un rato de wifi. Esa vella casona na que estades entrando parece ser o único lugar en km á redonda onde o voso smartphone poderá resucitar grazas a unhas raias de cobertura. Pero coidado, porque os teléfonos móbiles quizais non sexan os únicos resucitados da casa, e se perdedes a vida non haberá forma de retuitealo ou publicalo en Instagram. Ou quizais si, quizais alguen o faga por vós...
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Autoría George Ontherocks
Colección Shadowshot
008 🧜🏻♀️ - ✅ La maldición del peñón del diablo [Terror, Shadowshot, Zero]
Conta a lenda que no peñón do Diaño habitan sereas preciosas que, en días soleados, túmbanse nas rochas, pero quen se achegan demasiado a elas, non voltan. Pode que só sexan contos dos mariñeiros/as bébedos/as, pero o certo é que se aproxima o bo temporal e o fareiro, Tomas Hardy, non prendeu o lume esta noite. O alcalde tratou contactar con el, pero non da sinais de vida, así que nos encomendaron a misión de compobar o estado de Hardy e acender o faro a toda costa... se podedes.
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Autoría Ricard Ibáñez
Colección Shadowshot
009 🏝️ - ✅Cenotafio [Terror, Shadowshot, Zero]
Point Cipher é un famoso faro embruxado ubicado nun islote. O estado quere desfacerse da pantasma do fareiro para sacarlle rendemento turístico á illa, así que vos contrataron para facer unha limpeza espiritual. ¿Conseguiredes botar á pantasma? ¿Arrastraravos á súa dimensión? ¿É o destino de Point Cipher converterse nun «rechuncho con encanto»? Xogade e decidide.
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Autoría George OntheRocks
Colección Shadowshot
010. 👩🎤 - ✔️Glorious K'Chan [Terror, Shadowshot, Zero]
Sois Glorious K’Chan, un grupo de música H-Pop que levades tempo petándoo.
A vosa rentabilidade está comezando a caer, así que Cibersongs, a megacorporación que vos creou, ideou un plan para relanzarvos ou matarvos. Are you ready?
¡Estades no aire!
Sistema Zero, Arquetipos
Temática Terror
Duración flexible
Autoría Pau Ferrón
Colección Shadowshot0
011.📿 - ❌ Colar de dentes [Terror, Nebilim, sen sistema ]
Unha aventura de terror adulta e sen sistema na que as xogadoras interpretarán a rapazada dunha vila estadounidense dos anos 90s tratando de resolver a desaparición recente dun neno da vila.
012. 🪑 - ✔️ A Cadeira Baleira [Terror, Sirio Sesenra, AthorisArt, Ratas en las Paredes ] 📚
A aventura orixinal permite vivir unha aventura semellante a unha aventura de terror na que entran en xogo forzas máis alá das mundanas e todo sucede en León...
Sistema Ratas en las Paredes
Temática Terror cósmico/Investigación
Nivel Medio
Duración 5-7h (versión adaptada 7-10h)
Autoría Sirio Sesenra, AthorisArt
Colección AthorisArt
013. 🎄 - ✔️Christmas Carol [Terror, Sirio Sesenra, AthorisArt, Ratas en las Paredes ] 📚
A aventura é interesante, permite ir avanzando dunha sensación de ocio, con algunha información chocante ou misteriosa a relax e logo unha situación de terror e posterior persecución.
Sistema Ratas en las Paredes
Temática: Terror
Duración 5-7h
Autoría Francisco de Paula
Colección Churros&Dragons
Maquetación Culto de los Gusanos
014. 🎭 - ✔️Entroido Panxón [Terror, Nit, Ratas en las Paredes ] 📚
Un evento anual, como é o Entroido, é o momento no que un grupo de xóvenes vai pasalo ben, na escola e no pobo de Panxón, pero ás veces a realidade é máis máxica do que podemos imaxinar e o grupo acaba sumerxíndose na mitoloxía galega e tendo que resolver unha desaparición...
015. 🐦⬛ - ✔️Bad Things [Terror, Grupo Códice, Ratas en las Paredes ] 📚
Una aventura de investigación, completamente como las aventuras de CSI. Ambientada en los 90 en América. Os convocan, como grupo de investigación, ante un descubrimiento que reabre un caso ya olvidado en un pueblo cercano y el grupo deberá tratar de esclarecerlo atando cabos con astucia y quizás algo de cuidado.
Sistema Fate ou calquera (eu usei Ratas en las Paredes)
Temática Investigación
Nivel Iniciación
Duración 6-7h
Autoría Zero D̶o̶b̶l̶e̶
Colección Grupo Códice
016. 💤️ - ✔️Cidadela Sombría [Fantasía Medieval, Shadowshot, Dungeons&Dragons 5e] 📚
A Cidadela Sombría, adaptada de terceira edición, é unha aventura na que unha petición de axuda leva ó grupo a investigar nunha mazmorra, unha antiga fortaleza chea de misterios e perigosos combates.
017. 👱🏼♀️ - ✔️La desaparición de Linda Warren [ Terror, Shadowshot, Zero]
Esta aventura ten unha premisa moi sinxela, como é a procura dunha amizade. Os sucesos cos que se enfrontan pronto na investigación son bastante impactantes, a historia que hai detrás tamén é interesante, aínda que eu preferín facer algúns cambios e darlle un desenlace alternativo.
018. 👸 - ✔️ A Coroa Hertha e a Raíña do Inverno [Fantasía Medieval, Tadevs, Dungeon World]
Aventura situada en A Terra Media, dende A Comarca enviáse unha ofrenda ó Rey Thranduil para homenaxear a alianza e paz entre as razas, pero un membro da comitiva aparece conxelado no camiño do bosque, tócavos averiguar qué foi do resto da expedición e da ofrenda... a coroa de Hertha.
019. 🌡️ - ✔️A Enfermidade [ Terror, Shadowshot, Zero]
Beatriz, a bela filla do afamado avogado Carlile Johnson languidece no seu leito. Ninguén sabe qué enfermidade a estar a consumir. A súa xoven madrastra, Laila, está realmente preocupada e acode á xente da súa máxima confianza na procura de axuda.
Comments