¿Queres probar algún sistema ou o rol e non tes tempo para preparar a túa propia aventura?
Vou deixar por aquí unha lista de sitios web onde poden obterse aventuras compartidas de forma gratuita para que poidamos gozalas xogando. Eu tamén crearei algunha e as compartirei no blog.
Pero... antes de nada...
¡¡¡Moitas grazas a todas esas persoas que dedicades o voso tempo altruistamente para poder facer do rol unha afición accesible a todos os petos, polo voso tempo e por compartíredes a vosa imaxinación para que o resto poidamos pasar momentos incríbles!!!!

---------
Aventuras en español:

Hai moitos recursos nesta páxina para aventuras que teñen á venta como fichas de personaxe, mapas ou outros recursos, pero ó final tamén teñen historias completas de diferentes sistemas como D100, Tesoro Y Gloria... Poden atoparse buscando "Haz click aquí para descargar gratis".

Ademais, dúas veces ó mes sacan aventuras gratis só descargables os días 1 (aventura de D&D) e os 15 (aventuras noutros sistemas). Son coñecidas como Shadowshots. Poden conseguirse máis pagando unha suscrición mensual.
David Monedero
Nesta páxina poden atoparse numerosas partidas de D&D compartidas polo seu autor, son partidas de D&D organizadas por nivel.

Nesta páxina atopamos historias de terror en diferentes sistemas, ademais de algúns outros recursos.

Nesta páxina poden atoparse unha gran cantidade de aventuras, e outros recursos, organizadas por sistemas. No link facilitado habería que entrar no link do número ou letra inicial do nome do sistema, logo escoller o sistema e alí aparecerían as aventuras que teñen vinculadas. Poden filtrarse por exemplo as aventuras de D&D. Tamén poden buscarse aventuras xenéricas.

No enlace poden atoparse diferentes aventuras que compartiron en diferentes anos con razón do día do rol gratis, moitas delas de aventuras épicas e fantásticas.

No blog poden atoparse diferentes aventuras de Conan ou Delta Green, entre outros recursos.

Aventuras de corte histórico.

Tedes algunha aventura histórica e algunhas sementes de aventura.

Aventuras de diferentes sistemas Labyrinth Lord, Plenilunio, Hora de Aventuras, Cultos Innombrables, Fate Acelerado ou Dungeon World e tamén regras de algúns sistemas cuxa copia dixital poden adquirirse gratuitamente.

Nese enlace poden atoparse diferentes recursos e algunha aventura, así como algunhas máis na entrada que fixeron polo Día do Rol Gratis 2020.
Ávalon 2.0
Una interesante cantidad de aventuras de D&D 5e (y alguna de Pathfinder) ordenadas por niveles.
Scriptoriumreckilae
Aquí temos algunhas aventuras de fantasía para La Marcar del Este, Yggdrassil o Dragon Age.
La balada de Jubal Votanki
Neste blogue atopamos diferentes aventuras de Savage World.

Aventuras de D&D 5e.

Web con moi boa pinta con varias aventuras e outros recursos, aparentemente a maioría de investigación e terror.
Los Pergaminos del Fénix
Aquí podemos encontrar algunhas aventuras de terror e outros recursos.
---------
Comentádeme máis para que as engada á lista!! Igualmente se alguén quere que algún elemento sexa eliminado da lista.
Agardo que o pasedes ben con estas ou outras aventuras que teñades entre mans!!
Os meus parabéns por esta iniciativa. Sempre é un gusto ver máis blogs roleiros, e máis se teñen contido en galego. Descubrín aquí algunhas páxinas moi interesantes con aventuras gratis, así que ofrezo outra a cambio. O blog de Millán Mozota, 'La balada de Jubal Votanki', cunha morea de aventuras moi curradas para Savage Worlds e Runequest. https://jubalvotanki.blogspot.com/