Coñecímonos hai anos,
Non sabería dicir cándo,
Á beiriña de Portugal,
Os meus primeiros pasos,
Pero tocoume liscar.
Sempre estiveches aí,
Nos choros e no sorrir,
Aínda sendo eu de pobo,
Sentinte coma un estorbo.
Había que estudarte,
Eu non era paleofalante,
Aínda non entendo,
O porqué dese feo.
Anos precisei sen ti,
Para recoñecer a túa valía
E así incluírte na miña vida,
Sen obriga, polo sentir.
Moito fixo o xabaril,
Logo chegou política,
Pra que ía eu mentir.
Comecei pola escrita,
Logo a poucos coa fala,
A cal foi mal recibida,
Pero eu xa non paraba.
Da man cos erros,
Ignorando peros,
Chegou o máxico día,
No que en ti pensaría.
Agora xa somos compañeiras,
Compartimos as horas e risas,
Sumamos máis ás nosas filas,
Con rol, rosmar e outras lerias.
Seica es o músculo máis forte,
Quero fortalecerte con aleivosía,
Loitar por cambiar a túa sorte,
con orgullo, afouteza e ledicia.
Escribo estas verbas, amiga,
Nacidas dunha mente inqueda,
Porque das túas letras é día,
A miña querida, lingua galega.
コメント