top of page

Partidas presenciais Galicia Rolera. I Xornadas de Rol Ávalon

Lembrámosche que o evento Ávalon é o 19 de maio no local Ávalon Rock - Bar en Santiago de Compostela, rúa Casas Reais, 34. As partidas serán en horario de tarde (19 a 23 h) (modalidade presencial).




Temos partidas en (es) español e (gl) galego!


As partidas serán dirixidas en galego ou castelán, mais cada xogador/a poderá falar en galego ou castelán indistintamente (salvo naquelas partidas en que a/o máster non teña o suficiente dominio da outra lingua).

Pero... eu non sei galego... ¿podo xogar esas partidas?

O galego é o idioma que se vai usar ao dirixir a partida, pero non é imprescindible falalo para xogar: mentres o entendades, podedes falar en castelán ou atrevervos a chapurrear un pouquiño, que non xulgamos a ninguén.


Tede en conta que quen vos dirixa podería axudarvos a entender sen maior problema, ou podedes preguntarlle a través do Discord se habería algún problema.


O galego é unha lingua fermosa e o rol unha afección para pasar un bo rato; se algunha partida en galego vos interesa, non a descartedes automaticamente. Aquí tedes as aventuras Encarga de tradución e A Cadeira Baleira para que lles botedes unha ollada e vexades se poderiades xogalas.

Apurade a apuntarvos que as prazas voan!!


Ademáis a final do evento sortearemos material de Astora cómics entre o total de participantes para dar vida ás vosas mesas de xogo!



I Xornadas de Rol Ávalon




O evento é gratuíto e está aberto para calquera persoa maior de 16 anos.


Debido á limitación de aforo é moi recomendable reservar praza para vir xogar, así como cancelala se finalmente non se pode acoder.


O 24 de marzo ás 20h abriremos o sistema de inscricións online no que as prazas se asignarán por orde de inscrición e se permitirá a inscrición como reserva:



🏰 Na procura de Avalonium [Dungeon World] - Viri/Xerbud


🏰 Na procura de Avalonium (gl)

Sistema: Dungeon World PbtA

Duración: 3-4h

Participantes: 2-4

Idioma: galego

Nivel: principiante (non se requiere experiencia)

+info:

Esta partida será puro inventar xogando, xogar inventando: escenario e premisa, a idear xuntes; desenvolvemento procedural e improvisado. Drama: benvido. Metaxogo: benvido. Humor: benvido. Máster: sen vergoña. Ambiente: de impro. Personaxes: a elixir entre prexenerados, de casa e feitos no momento (5 min).


Sinopsis: «En ricos pazos e en sórdidas tabernas, en impoñentes castelos e en altas torres de maxia, todos os rostros xíranse á vez ante o seu nome: O AVALONIUM! Protexido dos corazóns cobizosos nas entrañas de [CÉLEBRE E TERRIBLE DUNGEON], o Avalonium ten sido obxecto de moitas buscas, todas elas traxicamente malogradas. Oh, si! O voso talento e ousadía precédenvos!, pero... Seredes quen de superar todos os obstáculos, como [PERIGO 1] ou [PERIGO 2], e especialmente [NOTORIO PERIGO FINAL]? Atoparedes os [ESPLÉNDIDOS TESOUROS] que se agochan la? E lograredes [INOPORTUNA SIDEQUEST] ao mesmo tempo? Ah! Só hai unha forma de averigualo!»


Aviso de contenido: Acción e estrés, violencia física, morte violenta (propia e allea), criaturas monstruosas, horror leve, conflictos intragrupo, lesións, e outras cousas nivel PR-13 que non sexan descartadas ao comezo (zombis, insectos, romance, melodrama, claustrofobia, traizón, enfermidades, etc.).



🧛 Hambre no humana [Vampiro 5ª ed.] - Alberto


🧛 Hambre no humana (es)

Sistema: Vampiro 5ª edicion

Duración: 3h

Participantes: 5

Idioma: español (pódese xogar en galego)

Nivel: principiante (non se requiere experiencia)

+info: líneas rojas antes de empezar.


Sinopsis: Te despiertas en un sótano. Hace mucho calor, y tienes un hambre muy fuerte y muy extraña. ¿Cómo has llegado ahí? Espera, que no estás solo...


Vampiro, el juego representativo de Mundo de Tinieblas, te permite llevar un Ser de la Noche, con todo lo que ello conlleva. Alimentarse, esconderse, pelear... Y quién sabe, llegar a la siguiente noche. La lucha por la supervivencia acaba de empezar.


Aviso de contenido: Sangre, violencia, angustia, horror personal. Partida para mayores de 18 años.




🧑‍⚕️ A enfermidade [Zero arquetipos] - Feiticeira Escura (Jes - Rolling Languages)


🧑‍⚕️ A enfermidade (gl)

Sistema: Zero arquetipos

Duración: 3-4h

Participantes: 5

Idioma:

- Dirixida en Galego, un NPC falaría inglés (nivel intermedio)

- O grupo pode empregar Galego, Castelán ou Inglés

Nivel: principiante (non se requiere experiencia)

+info: porta aberta


Sinopsis: Beatriz, a adorada filla do afamado avogado Carlile Johnson languidece no seu leito. Ninguén sabe qué enfermidade está consumíndoa. A súa xoven madrastra, Laila, está realmente preocupada e acode a xente da súa máxima confianza para que a axuden.


Aviso de contenido: Sangre, violencia, angustia, horror personal. Partida para mayores de 18 años.




🐐 Fogar de Breogán [Aquelarre] - OnekO


🐐 Fogar de Breogán (gl)

Sistema: Aquelarre

Duración: 3-4h

Participantes: 4-5

Idioma:

- O grupo pode empregar galego ou castelán, o master emprega ambos idiomas

Nivel: principiante (non se requiere experiencia)

+info: porta aberta


Sinopsis: Levas semanas camiñando sen parar na túa peregrinación a Compostela, buscando o que só ti coñeces. A maldita néboa fíxote acabar nesta taberna, nunha pequena aldea próxima a Ourense, con outros viaxeiros na mesma situación que ti. Xa estabas canso do viaxe como para ter que escoitar as absurdas historias deste tolo... Un bosque que ten vida? De veras? Parece que a fama do augardente destas terras é ben merecida...


Aviso de contenido: Terror, violencia. mitoloxía.





🩸 Perlas ensangrentadas [Cthulhu D100] - Daniel Beiroa


🩸 Perlas ensangrentadas (gl)

Sistema: Cthulhu D100

Duración: 4h

Participantes: 5

Idioma: Galego / castelán

Nivel: principiante (non se requiere experiencia)

+info: porta aberta


Sinopsis: Madrid, 26 febreiro de 1981. Os inspectores da comisaría da Brigada de Homicidios reciben un aviso de un doble crimen nunhas ruelas entre a Gran Vía e Chueca. Este caso levará os investigadores a recorrer nos baixos fondos e a marxinalidade de Madrid.


Aviso de contenido: Violencia, Horror, Posible LGTBIQ+ Fobia, Consumo de Drogas, Marxinalidade en amplio espectro.




Comments


A Lagoa da Lamia Escura

  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

©2021 | Lamia Escura

bottom of page