Sesión 5. Como si no llevara nada
-- Perspectiva de Silge --
Seguimos deambulando polos túneles da infraescuridade intentando sobrevivir no ambiente hostil que nos rodea. Espertamos pola mañá co corpo de Yo ainda presente.
Farlee e Kanelitah buscan algunha pista nos arredores pero non parece que haxa nada destacable. Ante o medo de que os nosos perseguidores nos poidan estar pisando os talóns decidimos partir o antes posible. Como de costume Breina guíanos de xeito maxistral, calquera diría que leva toda a vida vivindo nestes malditos túneles. Atopa tamén unha charca con peixes flotando. Non parecen moi saudables así que decidimos coller algúns por se lles podemos dar algún uso no futuro e evitamos comelos, polo que poida pasar. O día transcorre sen incidentes, camiñamos sen descanso ata que o corpo nos esixe un descanso.
Decidimos reorganizar as gardas con idea de evitar que se repita a situación da noite anterior, ceamos unhas boas setas cortesía da chef Farlee, e imos descansar, quedando a cargo da primeira garda Kanelitah e máis Shuushar. O kuo-toa está especialmente insistente esta noite, decidido a convencer a Kanelitah de que o mellor será que nos unamos á súa causa de guiar ó mundo cara á luz salvadora.
Nembargantes, desta vez Shuushar asemella máis frío do normal, ata se podería dicir que soa ameazante. Indicalle de xeito moi convincente a Kanelitah que non é boa idea cruzar o lago negro a nado, que o axeitado é contratar ós kuo-toa para que fagan de barqueiros e nos leven sans e salvos á outra banda. De súpeto, Kanelitah escoita uns pasos que se achegan e un par de Drow con aspecto de terse levantado dunha sesta moi longa pasan por diante do campamento. Kanelitah esperta a uns cantos do grupo para que esteamos alerta e vai investigar xunto con Oroko. Afortunadamente os Drow non parecen interesados en nós, de feito non parecen interesados en nada, simplemente deambulan por aí sen prestar atención ó que os rodea.
Oroko e máis Kanelitah conseguen percibir que un dos Drow cheira a alcohol é que outro deles soa como se un grilo estivese paseando ó seu redor. Acheganse a unha poza que hai adentrándose por un dos túneles e descobren que hai un corpo no fondo da poza. Outro Drow que está afundido criando algas. Kanelitah dase conta de que hai marcas na beira da poza que indican que os Drow sairon da auga (zombies? Quen sabe...). A impresión de semellante escena deixa a Oroko fóra de si. O resto da noite está en modo paranoico e non permite que ninguén se achegue nin o axude. Durante a súa garda Farlee fai memoria dos seus estudos pasados e recorda algo sobre ataques de loucura transitoria por mor de escenas traumáticas. Lembra tamén que hai unha serie de feitizos (calmar emocións, restauración menor, restauración maior) que poden contrarrestar estes efectos.
Con Oroko de volta no campamento e algo máis calmado, continúan as gardas. Desta vez é o turno de Silge e Sarith. Silge trata en balde de obter algo de información máis concreta de que pasou no pasado de Sarith ou cal é o seu obxectivo ó dirixirse á famosa arboleda da luz morta (Neverlight groove). Sarith está totalmente obsesionado con ir alí, e de feito parece que perde o fío do que estaba a contar cando alguén menciona algo da arboleda. Como dato interesante, Sarith propón consultar a Stool sobre a arboleda. Igual cando teñamos algo máis de calma... O resto da garda convertese nun número de humor no que Sarith se pon especialmente cariñoso con Silge e este o evita certamente incómodo polo súpeto cambio de actitude do antes antipatico e altaneiro Drow. Que lle pasa? É así como amosan os seus sentimentos estes estranos seres das profundidades?
A seguinte garda é a de Derendil e Oroko. Ante o estado do pobre gnomo das profunidades, Sarith e Silge deciden facer dobre turno ata o seguinte cambio de garda. Este tempo transcorre sen percances máis alá da crecente tensión (guiño, guiño) entre ambos vixilantes.
O seguinte turno é para Breina e máis Jimjar. Como era de agardar, a pequena gnoma non pode aguantar a propón unha nova aposta que Breina amablemente acepta. Pero desta vez Jimjar vai levar as cousas máis lonxe. Se non hai ningun problema, Jimjar xera problemas. Arrastra o cadáver do Drow fóra da poza e leva a Breina a revisar a zona. Ambas descobren que a poza ten máis cadáveres no fondo. Non parece o mellor sitio para acampar.
A última garda é para Farlee e Buppido. Kanelitah, que xa completou o seu trance élfico únese á garda e ambas teñen unha interesante conversa con Buppido na que este as intenta convencer de que a mellor opción é dirixirse a Gracklstugh, unha cidade habitada por gnomos das profunidades. Buppido suxire que non todos os kuo-toa son tan “pacíficos” como Shuushar e que quizais o mellor é non ir a Sloobludop. Buppido menciona tamén que os cartos non son un problema para el e que nos podería dar aloxamento en Gracklstugh sen problema.
Pola mañá o grupo repite a súa rutina diaria, Breina fai a súa máxia proveendo ó grupo de auga potable e atopando a mellor ruta posible para sacalos deste labirinto. Novamente o día transcorre sen problemas ata que o grupo exhausto ten que parar para facer noite. Farlee fai unhas deliciosas setas e volvemos a repartirnos as gardas para a noite. Kanelitah comeza a súa garda con Shuushar. Desta vez a conversa é bastante máis productiva e Shuushar fala un pouco das cidades que hai ó redor de Sloobludop. Comentalle a Kanelitah que tanto Pinipon como Gracklstugh e mesmo Gauntlgrym son territorios que os kuo-toa visitan a miudo tanto para comerciar como para difundir a súa filosofía. Aparte diso, a garda conclúe sen inconvintes.
No turno de Sarith e Silge, non tardan en aparecer as complicacións. Un carroñero reptante aparece por un dos túeles con intención de darse un festín esta noite. Silge esperta ó grupo e todos se preparan para a batalla. Entre todos conseguen darlle morte ó ameazador inimigo e dispoñense a probar o delicioso manxar que as profundidades lles acaban de proporcionar. Kanelitah é a valente que arrisca a súa saúde polo grupo e sofre como consecuencia unha parálise temporal. Descartamos pois o alimento e seguimos coas nósas vidas, pero non sen antes engadir un último número humorístico pois a despistada Farlee, non pode evitar desta vez distraerse co tentador traseiro de Silge mentres este se afana en recuperar a súa espada atrapada baixo o corpo do carroñeiro.
Dulces soños a todos.
NPCs
[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]
Sarith
Buppido
Shuushar
Jimjar
Princesa Derendil
Stool
Experiencia Sesión 5.
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións - Furia Demoníaca
Comments