Dende a Categoría "Diario de Sesións - Furia Demoníaca" vou comezar a engadir o Diario de Sesións do grupo ó que estou a dirixir esta campaña, coñecida en inglés como Out of the Abyss; é unha campaña de D&D (Dungeons & Dragons) bastante dura para o grupo, de supervivencia e dende aquí irei compartindo as entradas que vaia escribindo o grupo tras cada sesión na aplicación Nivel20.
Esta aventura xógase unha vez ó mes, polo que non haberá demasiadas entradas. Comezouse a xogar en setembro de 2020, polo que pode que nalgún momento suba máis entradas o mes pero tratarei de facer unha mensual para seguir o ritmo do grupo.

Esta é a entrada para presentar ó grupo. As dúas primeiras personaxes comezaron con algo máis de experiencia porque xa xogaran unha aventura curta previamente.
Farlee
Maga humana
Humana acostumada a unha vida de certo nivel, ó estudo pero sumamente despistada co que pasa no seu entorno e lixeiramente impulsiva, movida pola curiosidade ou a impaciencia, chegando a ser temeraria.
Breina
Gnoma dos bosques Exploradora
Gnoma aparentemente doce ata que lanza algún que outro corte. Prefire manter posicións de combate afastadas do corpo a corpo, ama a natureza e as plantas, principal provedora de alimento; tratada como a nai del grupo. Curmá de Oroko.

Oroko
Gnomo das profundidades Bardo
Gnomo coa partida entre a superficie e a infraoscuridade, coa mente esperta ó que lle gusta argallar, analizar e ten iniciativa. Preocúpase pola integridade e benestar do grupo ó punto de arriscar á súa propia. Curmán de Breina.

Kanelitah
Elfa escuro (Drow) Monxe
Drow lixeiramente farta e revolucionaria en contra de moitas das normas da sociedade drow. Déixase tentar polos praceres da vida como a bebida e comida, os cartos e tesouros pero tamén curiosa polos enredos familiares. Argalleira.

Silge
Githyanki Explorador
Extranxeiro na infraescuridade pero guiado polas premisas e obxectivos da súa sociedade. Determinado a motrar que é un membro digno e enfrontándose a coñecer novas sociedades e costumes; reservado e pragmático.

Experiencia inicial
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións - Furia Demoníaca
Comments