top of page

Entroido Panxón. Aventura Rol Gratis Español. Nit, Nuestro último verano. Galicia Rolera. Galego.

Actualizado: 18 feb 2022


"Historia muy mágica inspirada en el carnaval gallego y ubicada en

mi pueblito marinero que tantas hazañas me vio vivir cuando era pequeña"


Aínda non puiden lela en detalle, pero se alguén quere xogala, xa vou avisando que... agardardando que vaia haber evento de Entroido en Galicia Rolera... probablemente eu a dirixa alí nese evento, que me fai moita ilusión, así que, se vos interesa, tedes que prestar atención ós eventos e partidas do servidor.



Esta aventura foi compartida, xunto a outros moitos recursos no proxecto de Grupo Garden, Andvienrol 2021. En concreto hai o seguinte contido desta aventura:

  • Día 11 - Overlays de Entroido en Panxon para 3 o 4 PJ.rar

  • Día 24 - Entroido en Panxón, aventura para Nuestro Último Verano (fichas, fotos...)

  • Día 24 - Ayudas de juego Entroido en Panxón.zip


Cómo consigo a aventura?

A aventura pode conseguirse no link previo do Adviendorol 2021 de Grupo Garden, simplemente hai que buscar o enlace de descarga da data indicada no listado previo que, para a aventura, sería o 24 de decembro de 2021.



Nit, autora, e colaboradoras: Nix como correctora e maquetadora, Aurora fotografía e Lu deseño da portada


Esta aventura é moi especial para min; creouna unha das roleiras máis importantes para min, con quen compartín numerosas partidas, unha desas xogadoras que estiveron ahí dende os meus inicios no rol e coa que compartín moitas anécdotas. Co tempo ambas crecimos no rol pero por camiños separados, aínda que para nós o número 18 será especial 🥰.


Ademais ela xunto a súa parella Aurora confiaron en min para dar vida ó servidor de Galicia Rolera, un servidor de rol acolledor ó que vos invitamos a unirvos e poder vivir aventuras en diferentes mundos, ambientacións, sistemas... con persoas moi agradables. ¡Non o dubidedes!



E... ademais de todo iso... ten unha mente creativa prodixiosa, quen de sacar historias marabillosas..., aínda teño presente a que dirixiu no Rolsticio de "Navidad, negra Navidad" e agora con esta aventura maquetada inicia o seu percorrido editorial xunto a Grupo Garden, que de seguro será longo!


A fermosa maquetación da aventura é cousa de Nix, unha roleira á que sigo e coa que non tiven todavía oportunidade de cruzar dados, pero agardo que así sexa este ano que entra.


Da man de Aurora, ademais conseguiron unhas boas imaxes, in situ, de partes da ruta que aparecen pola aventura, están xeniais!


Para completar, a ilustración de portada realizouna unha gran ilustradora: Lu. É unha xogadora rapidamente acadou unha boa conexión con Nit e Autora, como roleira e persoa. Eu aínda non tiven oportunidade de xogar con ela, pero agardo que pase pronto.





Gardade esta aventura como ouro en pano e desfrutádea! Ademais nola agasalla un día moi especial para ela!


Sistema

Aínda que o sistema que aparece no Overlay de cando a dirixiu aparece indicado Kids on Bikes, finalmente na súa edición optou polo sistema "Nuestro último verano".

Aquí deixo un resumo das regras:




Grazas Nit, Auro, Nix e Lu por esta aventura!! E Noraboa ó mesmo tempo! Agardamos máis 😜


 

Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.

 

Entroido en Panxón, castelán (Nit)

(Creo que é unha das primeiras que dirixía online, eu nótoa algo nerviosa de entrada 😜 )





73 visualizaciones0 comentarios
bottom of page