Cada máster organízase ó seu modo, ten o seu estilo, a súa organización, cómo se sinte máis a gusto. Aquí deixo un pouco indicado cómo trato de organizarme eu para campañas, non para aventuras curtas ou one-shots.
Polo de agora, só dirixín campañas de D&D 5e, polo que a miña organización está sesgada polo sistema.
Aventura, horario, frecuencia e grupo
Normalmente parto do grupo seleccionado en base á súa dispoñibilidade e acordando unha frecuencia de xogo que nos vaia ben.
Posteriormente pásolles un listado de acampañas ou aventuras curtas entre o que escollen unha. Vou revisando algo de información pola rede e logo mércoa, á vez que imos buscando data para a sesión cero.
O "ben feito" é ler a aventura antes de comezar dirixila pero eu, ben sexa pola ansia, pola falta de tempo ou o que sexa, non o fago; así que recorro bastante a guias nas que che advirten do que tes que ter en conta dun capítulo a outro. Na aventura de Eberron caseira que estou facendo actúo semellante, teño como un arco na mente pero logo vou preparando a sesión tarde mal e arrastro 😅.
Salvo que haxa algo moi especial na aventura, non discrimino por experiencia e calquera que queira pode xogar sempre que os horarios lle vaian ben e logo agardo que poida ter continuidade, que en xeral soe ser así.
Organización do Servidor
Eu creo un servidor de Discord para cada campaña que dirixo xa que ahí organizo a información para que lle sexa máis cómoda ó grupo e a min. A estrutura principal soe ser a seguinte:
Sección de Campaña
Diario de sesións: notas, paisaxes, contido da aventura compartido pola máster
Notas: sección na que o grupo pode almacenar información da sesión ó seu gusto
Equipo común: onde teñen o tesouro compartido
NPCs: comparto imaxes de NPCs que van coñecendo
Criaturas: comparto as imaxes de criaturas ás que se van enfrontando
Personaxes: imaxes, seguemento da experiencia, avisos da subida de nivel
Fóra de Xogo
Organización: anuncio da data da seguinte partida, avisos de ausencias, cambios...
Fogueira: canle xeral para comentarios relaxados con ou sen relación coa partida
Recuncho absurdo: bromas e memes
Recursos: enlaces, apps, ferramentas útiles para a partida
Regras: datos sobre normas ou aclaracións de dúbidas que saen na partida
Organización: anuncio da data da seguinte partida, avisos de ausencias, votación datas...
Sección privada
Aquí teño unha canle privada para cada personaxe para os seus transfondos, notas privadas, imaxes de NPCs de trasfondo, cartas que atopan en privado...
Segundo as necesidades do grupo podemos empregar outras canles para personaxes como:
Caderno de prantas de ...
Libro de conxuros de ...
Taller de ...
Tamén pode haber de deidades, crebacabezas... depende das necesidades da campaña.
Moitas veces dirixo a persoas novatas, neste caso fago unha pequena alusión ás razas e clases dispoñibles, trasfondos... Non adoito poñer restricións de clases nin razas, sempre que sexan oficiais, por temas de balanceo e lore. Lles explico un pouco cómo funciono eu para que saiban se temos un estilo de xogo similar e acorde.
Apoiándome en Nivel20, coméntolles cómo facer a ficha, información básica do sistema (aclárolles que non teñen que sabela que sobre a marcha imos aprendendo sen problema). Doulles un tempo (días ou semanas) para facer a personaxe que queiran e un trasfondo axeitado, doulles un pouco ideas de ónde poden ir desenvolvendo, por exemplo de obxectos de trasfondo ou linguaxes: cómo os adquiriron, cómo as aprenderon...
Doulles opción de coñecerense de antes ou non, normalmente non se coñecen. Persoalmente eu tamén, como xogadora, soo preferilo e máis se non coñezo ó grupo; logo trato de ver cómo unir e enlazar ó grupo entre sí e coa campaña facendo uso das motivacións que indiquen no trasfondo.
Normalmente non lles dou moita informació da campaña ou a ambientación, máis alá da que aparece no listado de aventuras, salvo que explicitamente ma soliciten, porque me parece spoiler.
Tamén trato de darlles a coñecer recursos e regras, que xa lles deixo nas canles correspondentes.
Aventura
Posteriormente imos avanzando nas sesións e desenvolvendo as tramas de acordo ás decisións que toma o grupo e desenvolvemento da trama principal, as persoas e as que se van xerando nas interacións das sesións.
Se nas campañas unha persoa non pode asistir a unha sesión, normalmente xógase sen esa persoa, se faltan máis pois cancélase ou se é un momento especialmente relevante. No seu lugar, nese caso, podería xogarse un one-shot.
A min gústame o foco na narrativa e non na optimización mecánica.
Para organizar as sesións e as campañas eu uso Notion, despois de moitos intentos infrutuosos de de tratar de descubrir cómo organizarme mellor.
Comentários