top of page
Foto del escritorLamia Escura

Galicia Rolera 17/08/2020 - A historia: das inquedanzas de Píntega ó Dominio de Mei.

Actualizado: 4 feb 2023

Boas, xentiña (rolera)!

Hoxe Galicia Rolera fai 2 aniños!!! Así que con razón de tal celebración, imos sacar un pouco da historia de Galicia Rolera a relocer!

E algúns trapos sucios, por qué non?


Recordámosvos que con motivo deste aniversario é que se está a organizar, en Vigo, o evento presencial de Galicia Rolera, o Roliversario 2022, aquí máis información por se vos apetece pasarvos! (Porfa que si xD)



PD: Son moi falandeira e desvíome un tanto, pero tedes tituliños e palabras destacadas para poder iren ó que máis vos poida interesar; defecto de animal, hehe.



Qué é Galicia Rolera?

Moi mal se non o sabedes xa, pero así entre nós, é un grupiño de xente que bota horas de diversión entre xogos de rol! O mellor, sen dúbida, é a comunidade, de Galicia ou de fóra, pero toda riquiña!


Ei, e calquera pode apuntarse a xogar unha partida ou asexar dende as sombras! Ofrécense moitas partidas en español e algunhas en galego (alí cada quen escribe no que lle peta xD). Para poñérvolo fácil, déixovos aquí as redes sociais, todo isto antes de entrar en materia... claro!





Cómo xurdiu?

Pois coa corentena, Nit, a idearia de Galicia Rolera, como moitas outras persoas roleiras, tivo que reinventarse para seguir xogando a rol, quixo aproveitar para coñecer novas persoas coas que xogar online e atopou certas dificultades, moitas comunidades estaban xa sen actividade... hai que destacar que buscou en Facebook. 10 días antes do servidor de Discord, naceu a páxina de Facebook co obxectivo de reunir a xentiña coa que xogar e organizar grupos, nun principio de Galicia, pensando en xogar en mesa pero vaia... a corentena durou máis da conta e o rol online non caeu con ela (por sorte!).


Con razón do Roliversario 2022, gravamos un vídeo con Roi, de Culto de los Gusanos, comentando o evento e ó comezo tedes tamén un pouco de información de cómo naceu Galicia Rolera!





Antes de Galicia Rolera, rol e fundadoras


Galicia Rolera, naceu de man de Nit e as súas dúas secuaces, Menta e Jes (véxase eu). Ides ter que quedarvos coa curiosidade de cómo se coñeceron elas porque só me soan uns matices básicos e para meter os pés polas mangas, non me arrisco (falo con ela a ver se mo escriben e fago un bonito copy&paste XD).


Deixo foto na que saímos as 3 con Ale (unha roleira, xogadora, máster e colaboradora en Galicia Rolera, querémola moito, qué fariamos sen ela!).

4 mulleres sorrindo á cámara
De esquerda a dereita: Nit, Ale, Menta, Jes

Así que vou contar a historia dende a miña perspectiva.


Cómo nos coñecemos "as fundadoras":


Nota: as fundadoras debe lerse con tono épico para maior golpe de efecto.


Todo isto comezou dun dos modos máis curiosos posibles. En 2015 eu dei unha charla sobre Abusos sexuais e ¿que nos coñecemos aí? Non, non, iso non sería curioso. A empresa que me contratou pediume amablemente que asinase o cobro da charla antes de dala e, por suposto, antes de cobrar e, eu, correspondín amablemente asinando coa indicación de "Pendente de cobro" (mala sorte que non caín na trampa, haha). Xa non será sorpresa dicir que a empresa non tiña intención de pagarme, era só unha charla e era pouco, pero bueno, estaba en paro e pareceume que era algo positivo no que embarcarme para ver cómo podía facer defender os meus dereitos (isto estame a quedar máis reaccionario do que pretendía, haha, pero bueno, éche o que hai, haha).


O caso que fun denunciar ó SMAC e, oh, sorpresa (podedes finxir sorpresa) non era a única á que non lle pagaran, topei a unha muller á que lle debían unha barbaridade pero estaba alí con CCOO e non tiña interese en min o seu avogado, pero bueno, pensando que habería máis, preguntei en recepción e, oh, sorpresa, había outra rapaza más na mesma situación. Pedinlle á traballadora se podía chamar a esa rapaza, a ver se podiamos xuntármonos e axudármonos coa reclamación e ese rapaza dixo que si, que me deran o número dela. E así foi, cómo conseguín o número de Nit (cántas voltas, eh). En relación a este caso foi que nos vimos en persoa, eu levaba unha camiseta coa imaxe dunha loba e ela comentoume moi ilusionada que á súa moza, Menta (xa temos a tríada xD), encantaríalle e deixoume caer, un pouco por riba, que a súa moza era unha friki facendo referencias a algúns mangas, haha. Non nos vimos moito máis e apenas falamos pero quedeime na cabeza coa poboación na que vivía.


Pasaron anos, si, anos.


En 2018 conseguín un emprego nesa zona que eu aínda recordaba. En 2017, en Irlanda, eu entrara na miña primeira partida de rol. ¿Qué ten que ver? Pois que despois de probar tiña mono e non topei ningunha asociación nin nada na área, así que liei a unha compañeira de traballo (das mellores persoas que coñezo, debo dicir) e púxenme en contacto con Nit, que xa sabía que ela e a súa parella poderían estar interesadas, ademais raptei (con consentemento, sempre con consentemento) un par de persoas máis pola zona, na academia de inglés principalmente xD) e ta-dá! montamos un grupo de 7 e veña a darlle ó rol!


Ó rematar a primeira sesión (desa Jes novata de todo e perdida, ah, si, eu era a máster) preguntei "logo vemos cándo podemos xogar a seguinte sesión" (porque no outro grupo xogaba.... mmm, unha vez cada 6 meses ou así, haha) e comenzan a dicir:


- "Ah, yo puedo la semana que viene"

- "A mí la semana que viene me va bien"

- "A mí también"


Eu coa mandíbula desencaixada, pois que ía dicir? Rol?? Imos!! E foi un grupo no que xogabamos semanalmente, rara foi a semana que non se xogase. Aquí un exemplo da experiencia, a modo de recordo, desa campaña (que segue en pé!)



Na miña mesa, eu nunca sufrín a maldición de Eterna máster (que penso que non a levaría mal) pero, salvo unha persoa (que si quere dirixir, haha) toda a mesa asumiu o rol de maśter nalgunha ocasión, un xogador e Nit, incluso crearon unha campaña caseira.


Déixovos aquí algo da campaña nórdica de D&D que nos ofreceu Nit, unha mente sen dúbida moi creativa ten esta muller.



A campaña de Nit, a do outro xogador e a miña... avanzaron ata...


2020: a corentena [a semente de Galicia Rolera]


Seguimos pendentes a ver se a campaña de Nit se retoma, a do outro xogador tamén está pausada, neste caso, por horario laboral do máster.

Sobre a miña, non sei cántas sesións levariamos (sobre 40-50 supoño, podería velo se me erguese a coller a libreta pero pereza). Xa estaba rematada a aventura de A mina de Phandelver, a aventura caseira coa que conectei con Tiranía Dracónica e estabamos xusto no episodio 1 desta. Aí, precisei un tempo para pasar a online a aventura e bueno, todo o grupo, como todo o mundo, adaptármonos á nova situación, puiden retomalo cando en Nivel20 puxeron a néboa de guerra, hehe, pero isto... é adiantar acontecementos.


Durante a corentena, sen rol, Nit ofreceunos a Menta e outra amiga delas, unha partida en liña, en Roll20, aí xa os seus combates coa plataforma terá que contárvolos ela. Xogamos unha partida da Chamada, versión light, inspirada nun capítulo dunha serie, Expediente 220320, a verdade que o pasamos moi ben, aquí a miña ficha


Ficha de Irimia, de Cthulhu, empregada da Brigada de Investigación de Delincuencia Especializada
(teño pendente atopar a orixe da imaxe para poñela, sorry)

Foi despois desta partida, penso, que Nit quixo buscar máis grupos e xogar con outras persoas. Eu tamén creei un servidor pero no meu caso foi para iniciar á xente ó rol, non me foi nada mal, debo dicir, haha, e tamén para seguir xogando en inglés, desa póla do servidor acabaría nacendo Rolling Languages para xogar a rol en diferentes idiomas... pero esa é outra historia, volvamos a Nit e Galicia Rolera.


Despois desa partida, Nit foi tanteando páxinas de Facebook nas que poder xuntar un grupo de xogo, así coñeceu xentiña incrible como Lu. Ata que, froito, de experiencias non de todo satisfactorias atopando xogadoras/es deu o paso de crear o seu propio espacio, e, con todo o que eu poida encher o peito, facernos a Menta e a min, partícipes del.


Eu pola miña banda funme facendo un oco en Nivel20, e coñecendo outros servidores tamén, así, por exemplo, xogamos algunha partida de Dead of Night con Rubén, quen conta co seu propio servidor de Discord ElTaberneRol.


Facemos un inciso para resolver a dúbida, ¿de ónde sae este homiño?

Haha, pois a Rubén coñecino no servidor de Nivel20, sempre recordarei que fixo un chiste malo, (si, moi raro nel) e non me fixo gracia (máis raro todavía en min xD), e rosmeille a UN MOD, pero haha, aínda así acabamos afianzando unha amizade que perdura ata día de hoxe e a piques de rematarvos a campaña de Dragonheist que me dirixe e metido na miña aventura de Eberron, e bueno, que tamén colaboro un pouquechiño no seu servidor.


De esqueda a dereita: Rubén (ElTaberneRol), Jes, Menta, Nit


Nacemento de Galicia Rolera


Entre as 3 fomos armando o Discord, a organización, a difusión (si, comezaron os raptos) e, como sempre recorda con cariño Nit, coa inestimable axuda de Rubén, de quen ela sacou parte da filosofía do "bo rollismo" que se move en ambos servidores.


Galicia Rolera naceu e había que darlle un logo, este é o logo orixinal, con Píntega rosmona (o meu preferido), que posteriormente foi "remasterizada", ata que bueno, non sei cánto, quizais un ano despois foi actualizado á versión actual que é coma un logo máis infantil. Ó principio non me convencía, pero din que o roce fai o cariño, haha, igualmente eu sigo con píntega rosmona ata o final, que se parece máis a min, haha.

















O servidor comezou relativamente paseniño, houbo bastante de "caza" de xentiña rolera e pronto se foi facendo un grupiño ben xeitoso entre o que sentirse a gustiño.


Revisando o histórico de partidas da canle, a primeira que aparece (que non a primeira ofrecida) é unha vacante para unha miña na que quixen aforrarme usar a un NPC e saquei praza (haha, qué desastriño son) pero así coñecín a Destroy, moi bo rapaz, a pesares dese alias, haha.


(Aproveitando a conxuntura, xa deixo caer que para ofrecer mesa no servidor emprégase o bot Apollo).

Cidadela Sombría - Xoves 22:00 - 00:00 (xa iniciada) Aventura orixinalmente creada para D&D 3e que se adaptou a 5e. A partida está iniciada pero esta semana ou a seguinte, podería unirse alguén máis para xogala (por cuestións da aventura).  Se alguén lle apetece unirse que fale con @jes (FeiticeiraEscura) e lle comento un pouco as opcións que tería.  Non é precisa experiencia. Time Thu May 6th, 2021 ⋅ 10pm - 12am CEST (UTC+2)

Partidas privadas e publicadas [YouTube]

Galicia Rolera ofrece dende o inicio partidas online que se xogan na intimidade do grupo, pero pouco a pouco, as organizadoras e tamén máis participantes do grupo, sobre todo membros con moita actividade deron e van dando o paso de publicar as súas partidas na canle de Youtube de Galicia Rolera.


Deixo aquí o vídeo máis antigo que está publicado, pero non parece que sexa a primeira sesión, haha, a pedirlle explicacións a Nit!



Houbo tamén tanteos con Twitch pero... vai ser que a conexión que temos non da para directos, é o que hai. Ei reclamando mellor conexión para a terriña por aquí! Xa vai sendo hora!! Ah, e tamén temos Ivoox!


Remexendo na canle de YouTube poden atoparse diferentes másteres pero é bastante clara a actividade e boa aceptación dun máster en concreto como é Lyzandred, que é un gran xerador de contido en Galicia Rolera e ademais axuda moito a quen quere dar o paso tamén a gravar. Hai creada unha canle en Galicia Rolera para botar un cable á xentiña que queira xerar contido para a comunidade, Lyzandred, non so crea contido e axuda a crealo senón que ten moi boa acollida como máster, especialmente en Kult, e ten unha voz moi especial que a xente non esquece así como así e axuda a crear esa ambientación de misterio nas súas aventuras, deixo por aquí a máis antiga que hai subida de Kult, na que ademais ten de xogadoras a Menta e Nit.



Hai persoas que gravan partidas ofertas e dirixidas en Galicia Rolera, herexes coma min, haha, que as suben nas súas propias canles. Dende Galicia Rolera enlazan este contido dende a sección de "Colaboraciones"


Aquí vou varrer pa'casa e poñer de exemplo unha miña, a primeira partida que gravei e subín, estaba moi nerviosa, nótase que nos primeiros 10 minutos non lle fago caso ó grupo, as miñas desculpas, haha, pero moi boa experiencia, a verdade (e agora estou xogando unha partida con Fran, autor desta aventura, haha, os xiros que da a vida). Ademais esta partida formou parte do evento do Rolsticio de Inverno 2021.


Seguídenos para non perdervos ningún capítulo! Eu estou argallando unha campañiña na que se activarán as emocións, Líricas de Drama, e máis adiante unha de Strixhaven (D&D) versión enxebre, Nascente da Lamia, e de seguro o resto tamén teñen moitas cousas entre mans pero tamén vos digo... mellor que velas é xogalas, pasádevos polo servidor a coller praza!



Chachareos e charlas en confianza

Durante os periodos de encerro e peche de negocios, unha desas personiñas activas no servidor, era Fian, propietario de La Fortaleza (aquí vos queda por se lle queredes mercar algo haha, aínda que nin me segue de volta, bueno, xa valorades vós xD).


Este señor é unha desas persoas sociables por natureza e lle gusta un chachareo o que un zume de melocotón (niso si ten bo gusto o rapaz xD). O caso é que ante esa situación de encerro e non poder abrir a tenda, acabou xerando un mal hábito na comunidade: estar de chachareo ata altas horas como as 4am case a diario!! E claro, coa súa zalamería natural e as ganas de falar, acabou ocupando un sitio especial no corazonciño da xente e o servidor. Actualmente é un secuaz máis en Galicia Rolera, xunto a Menta e a min, sempre ó servizo da ama, iso si.


Aquí está a cabeza de Galicia Rolera no local de Fian, La Fortaleza.


Fian, agora da man con Lyzandrez, comezou a levar unha "sección" de charlas chamadas "Charlas en conFianza", actualmente todas se gravan pero non foi así sempre, as primeiras non se gravaron todas, como a de Nivel20 comigo pero co durmida que estaba, síntoo, tampouco valeu de moito así que fixen, ehem, outras para compensar, haha, en galego e en inglés (en español xa hai unha chea).


Aquí vos deixo unha das charlas que persoalmente considero que máis paga a pena ver:

As charlas están subidas a Ivoox.


Estas charlas xa finalizaron e non se prevé a súa continuidade.



Actividade e eventos en Galicia Rolera


Galicia Rolera naceu cunha gran actividade, ofrecendo partidas con bastante frecuencia e ademais en días especiais como Samaín, o Día das Letras Galegas ou o día da Muller; así como eventos no Rolsticio de Inverno, ou o mes do Orgullo. Deixo aquí algúns dos cartazes para facer un pequeno percorrido.


No evento de Samaín paseino moi ben na partida con Penta, e xoguei cun xogador cuxo nome non recordo (sorry) pero quedei con ganas de volver xogar con el e parece que xa non pasará con esta memoria, haha. ¡¡Debo dicir que a miña mesa foi a única que non saiu!! Non volo perdoo, eh!! E, como veces, por aí andaba apoiando Rubén.


(Vedes, vedes, o logo antigo xD)


Partida especial do día das Letras Galegas, a partida deste ano, como non podía ser doutro modo foi das Tanxugueiras! Moitas risas e poder da luz asegurado!



O evento do orgullo quixen poñer os carteis dos 2 anos porque, neste ano quero recoñecer o esforzo e xestión do evento a Ale e Hada, que organizaron o evento de modo impecable, sen elas este ano non tería sido posible, moltes gràcies.


Comunidade

Como se dixo, o mellor da comunidade é a xentiña que a forma: Ale, Hada, Nitta (emisaria do amor), Fian, Lyzandred, Barthuin, Abnog, Mokuren, Zupe, Tato, Destroy, Moreiras, Sereg, Andre (axente do caos)... e tantas, tantas outras persoas máxicas.... (que ningunha se ofenda se me esquecín dela que son as 3am e xa de normal teño mala memoria xD)


Deixo unhas fotos da comunidade PERO recordemos que en breve é o evento presencial e haberá moitas máis tamén con xentiña que entrou recentemende na comunidade e non saes nestes textos pero sairá quizais na entrada do ano vindeiro, quen sabe!








Moitas grazas, xentiña rolera, en especial a toda a comunidade de Galicia Rolera e sobre todo a Nit e Menta!



Grazas!! Vémonos que o evento comeza en nada!!




174 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page