top of page

Día das Letras Galegas. Tanxugueiras Galicia Rolera

Foto del escritor: Lamia EscuraLamia Escura

O 17 de Maio é un día moi especial en Galicia, o Día das Letras Galegas!!


Dende Galicia Rolera este ano decidiron celebralo homenaxeando a un grupo de 3 grandes mulleres que especialmente este ano foron grandes difusoras desta preciosa linguaxe e tamén da nosa cultura.


Cartaz con fondo escuro e motivos dourados (cores das Tanxugueiras) co texto "Aturuxa canda min, compañeiriña máxica". Baixo o texto o símbolo do sistema de rol Maho Shojo e remata a columna o texto "Especial 17 de maio das Latras Galegas. Na outra metade  do cartaz aparecen as tanxugueiras, Sabela á esquerda, o seu busto, amósase cantando, á esquerda o busto de Olaia berrando, un aturuxo, e no centro de ambas e da pandeireta está Aída bailando. Pecha o cartaz o logo de Galicia Rolera e a indicación de "Partida deseñada e dirixirda por Ni".
Imaxe de 🍃Isaky🍃 Lalin's Curse focus

¿Quén non coñece a estas mulleres? Deixamos por aquí aun enlace á súa canle de YouTube para que poidades desfrutala.


¿Cómo homenaxelas? Pois dende unha comunidade roleira, non pode ser doutro modo que cunha partida de rol...



O estreno da partida é o 17 de Maio, dende aquí pode verse. Tanto a máster (Nit) como as xogadoras temos como obxectivo pasalo ben menténdonos na pel de Sabela (Sereg), Olaia (Jes) e Aida (Andre) dende o más absoluto respecto por elas, polo seu traballo e polo galego.


Agardamos non ter dito nin feito ningunha tontería que poida resultarlles incómoda, estivemos vendo algunhas entrevistas para entendelas mellor pero por suposto iso é moi pequena aproximación.


Sería toda unha honra que elas mesas se interpretasen pero non aspiramos a tanto, aínda que se se animan... a rol pode xogarse sen teren nin idea, así que adiante e dispostas a comer o mundo parecen, así que aquí teñen un pedaciño máis por se queren probar (entre concerto e concerto xD).


Aturuxa cando min, compañeira máxica (vídeo da partida)

Aventura creada e dirixida por Nit, de Galicia Rolera


Moitas grazas Tanxugueiras, pola vosa afouteza e os vosos valores!


Un pracer que chegarades ás nosas vidas (e ós nosos oídos).


53 visualizaciones0 comentarios

Kommentare


bottom of page