top of page

D&D 5e - Listados de Campañas e Aventuras Curtas

Actualizado: 22 ene 2022


Moitas veces permitimos ós grupos escoller a campaña que imos xogar, ou simplemente queremos ter algo de información sobre elas para escoller. Eu poño o listado de opcións e que voten con emojis, hehe.


Máis abaiixo tedes listados de Campañas Oficiais e aventuras curtas,

así coma outras boas aventuras de outras autorías.



Deixo aquí un listado que uso eu para ofrecer ós meus grupos. Pode ser que algún título o traduxese como me cadrase, porque me parecían spoiler ou simplemente porque me soaba mellor :P


Deixo os enlaces para que as poidades mercar, ademais, recordade que na tenda de Nivel20 tedes o código de desconto: ELTABERNEROL .

Irei ampliando as Listas.



Listado de Campañas Oficiais (Wizards of the Coast)

Iniciación. Misión central interesante e varias misións secundarias. Viaxe por Costa da Espada, negociación e mazmorras. Ben valorada. Pode combinarse con Icespire.

🌇 Golpe Dragón (1-5)

Cidade na que poden acontecer 4 aventuras diferentes, segundo a estación; cada una delas coas súas propias tramas con organizacións e personaxes relevantes dos altos ou baixos fondos de Waterdeep. Investigación e diplomacia.

Campaña de iniciación. Mundo aberto, criaturas comúns, zona da Costa da Espada e ¿criatura dracónida?

🧚🏾 O salvaxe tras a luz da meiga (1-8) [The Wild Beyond The Witchlight]

Aventura no plano feérico, incidindo máis na resolución de conflitos diplomática.

Batallas contra xigantes. Viaxes.

🧛🏻 Maldición de Strahd (3-10)

Aventura vampírica. Ravenloft. Horror gótico. A historia mellor valorada na maioría de rankings. Un lugar perdido, marcas, criaturas extrañas, segredos e situacións letais.

Aventura de iniciación. Mazmorras (batallas bastante mortais) nas que enfrontarse a criaturas non mortas, goblins... ¿dinosauros?. Terra misteriosa cubierta de volcáns, xungla e ruinas e unha poderosa maldición.

🥶 Val do Vento Xeado: escarcha da doncella xeada (1-12) [Icewind Dale Rime of the Frostmaiden]

Aventura nas montañas xeadas. Frío, supervivencia, horror, segredos, conxelamento, illamento, ¿unha sádica doncella do inverno?

🏅 Chamada das Profundidades Abisais (3-12) [Call of the Netherdeep]

Critical Role. Tristeza, corrupción, dor na procura do campión das deidades, tempo atrás esquecido

🔥 Descenso ó Averno (1-13)

Iniciando nunha gran cidade da Costa da Espada e viaxando a unha pequena antes de iniciar o paseo polo infernon

👹 Saír do abismo (1-15) [Out of the Abyss]

Supervivencia, horror, infraescuridade, criaturas demoníacas e inexplicables ("Stranger Things"), "encerro".

Salvar ó mundo dunha organización que desexa que as criaturas dracónidas controlen o poder. Primeira parte complexa (comeza a saco) con escenas moi variadas, segunda parte combina mazmorras con narrativa.

🌪️ Profetas da apocalise (1-15)

Ben contra o mal. Cultos elementais (aire, auga, lume e terra) enfrontados.

Marmorra "infinita" con monstros, trampas e misterios. Pouca narrativa, centrada en batallas.


Listado de Aventuras Curtas Oficiais ( Wizards of the Coast)

🏚️ Casa da Morte (1-3)

Casa encantada ( Ravenloft )

🕵🏿‍♀️ Asasinato en Baldur's Gate (1-3)

Corrupción nunha gran cidade

🏕️ Guía de Exploración de Wildemount (1-3) Explorer's Guide to Wildemount

Critial Role. Cuatro aventuras en las que conocer las diferentes zonas de Wildemount.Tal'Dorei

🎓 Strixhaven: Un Currículo do Caos (1-10) [Strixhaven: A Curriculum of Chaos] [Ollada xeral]

Aventuras na universidade máxica, unha en cada ano académico. Perigos ocultos, romanticismo, traizóns, amizades e misterios.

🚣🏻 Pantasmas en Saltmarsh (1-12)

Aventuras náuticas e misterio, unindo historias clásicas de Dungeons&Dragons.

Breves historias independentes, cada unha dun nivel orientadas á investigación.

📚 Historias do Portal Bocexante (1-14+aventura de nivel alto) [Guía Portal]

Historias enlazadas. Obxectos máxicos. Historias curtas de mazmorras complicadas: principalmente batalla.



Listado de Campañas de diferentes autorías

Aventuras nos camiños e cortesás. Ambientación de maxia e cabaleira errante. Dilemas morais.

Tribus (aire africano), volcán, escravitude e semideidades.

🦅 Odisea da Señoría Dragona (1-15) [Odyssey of the Dragonlords]

Mitoloxía grega. Avenura épica, para protexer ó mundo da vinganza do grupo titán.


Listado de Aventuras Curtas de diferentes autorías

Fantasía escura, nunha cidade onde toca sobrevivir ante a fame, a pobreza, as plagas...

Escuridade, zombies ( Ravenloft )

Xeo, chamáns, meigas.

Lugar misterioso e arrasado, cuberto de lenfas (Iniciación clásica)

🦒Wagadu (1-4)

Ambientación africana moi estudada. Aventura con toques tribais e espirituais con importancia dos/as ancestros/as.

Zona castigada. Festividade que acaba requerindo loitar contra que un antigo mal recobre forzas.



Estou valorando dirixir e emitir algunha en galego, por se considerades que algunha podería ser máis interesante e queredes facerme suxerencias serán benvidas!


Pasádeo ben nas mesas e sorte cos dados!!


Comentários


A Lagoa da Lamia Escura

  • Twitter
  • YouTube
  • Instagram

©2021 | Lamia Escura

bottom of page