top of page
Foto del escritorLamia Escura

D&D 5e. Strixhaven: Currículo do Caos. Unha ollada ó manual.

Actualizado: 14 sept 2022

Módulo Oficial ambientada na vida universitaria, nos mundos de Dungeons & Dragons, en concreto en Arcavios (Magic) e na universidade máxica máis recoñecida: Strixhaven.


Nela poden atoparse criaturas de diferentes mundos de Dungeons&Dragons xa que pode ubicarse nun plano aparte, polo que é unha zona chea de diversidade.




Novidades en contidos e mecánicas


Novos contidos

  • A nova raza: moucho

  • Novos trasfondos: un para cada escola

  • Conxuros desenvoltos na universidade máxica

  • Novo bestiario específico

  • Ficha de seguemento para as mecánicas específicas

  • Campaña de nivel 1-10 divisible en 4 aventuras curtas independentes para niveis 1-3, 4-5, 6-7 e 8-10 respectivamente.


Novas mecánicas

  • Clases

  • Exames

  • Relacións sociais

  • Actividades extracurriculares

  • Empregos

...incluso un Oráculo. O grupo poderá facer toda a súa vida (practicamente) dentro desta gran cidade universitaria.


A Universidade


A cidade universitaria, fundada por cinco dragóns/onas, está composta por un edificio principal cunha enorme biblioteca e cafetería e outros cinco edificios, conectados entre si, un vinculado a cada escola.

Trae mapas da estrutura global e planos de cada edificio; así como desglose de personal, habitantes e as estatísticas e fichas correspontes, tamén a nivel social.


Escolas Strixhaven


Nesta táboa poden verse as principais diferencias entre as escolas desta universidade de maxia e feiticería. guiadas por diferentes principios centrados en polos opostos.


Contido das filas partido da primeira: Escola, área de estudo, dragón/a fundador/a, mascota e polos opostos da escola e a materia que cada escola imparte no primeiro curso.

Arqueomancia

Artes Elementais

Numeromancia

Elocuencia

Transcendental

Pasado, antigüidades, coñecemento

Lume, auga, aire, terra, relámpago, calor e frío

Matemáticas e natureza

Retórica, oratoria

Vida e morte, crecemento e decadencia, orixe e fin

Lorehold, Velomachus

Prismari, Galazeth

Quandrix, Tanazir

Silverquill, Shadrix

Whiterbloom, Beledros

Estatua espiritual

Arte elemental

Fractal

Indicio

Plaga / peste

Caos e Orde

Perfección e expresión

Teoría e Realidade

Luz e Sombras

Raíces e Veas

Introdución á arqueomancia

Historia da Maxia e a Arte

Bases da maxia computacional

Iniciación a lectura da tinta

Bocánica arcana básica

Vermello - branco

Branco - negro

Negro - verde

Verde - azul

Azul - vermello

Legados de Sapiéntium

Actuación de Prismari

Quantum de Quándrix

Proclama de Plumargéntum

Bruxería de Flosmarcitus

Organización de estudos


Primeiro curso

  • Estudo de materias xerais.

  • Visten uniformes brancos, negros e grises.

  • Asistencia á materia troncal: Fisoloxía máxica.

  • Selección de 3 materias para o curso de entre as que imparte cada escola no primeiro curso e a materia de estudios xerais "auras básicas máxicas".


Segundo curso

  • Elección de escola.

  • Uniforme da escola.

  • Asignación de un/ha docente de cada polo da escola como guías.


Cursos posteriores (mínimo terceiro e cuarto)

  • Especializarse na súa escola ou beber un pouco de outras tamén.


Particularidades na Creación de Personaxes


O grupo de estudantes que van xogar esta aventura, asúmese que, en xeral, accederon a ela dedicando os seus esforzos en prepararse para poder acceder a esta universidade e crecer nalgunha clase ou profesión relacionada coa maxia, aínda que non necesariamente unha clase centrada na maxia.



88 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page