top of page
Foto del escritorLamia Escura

D&D 5e - O Portal Bocexante. Adaptación da Lamia Escura. Contido Extra en galego, español e inglés.

Actualizado: 6 dic 2021

Este libro oficial contén diferentes aventuras de mazmorreo de edicións previas. As aventuras están ordeadas por nivel para que poidan ser xogadas unhas tras outras pero non teñen conexión entre elas. As aventuras son mazmorras bastante amplas e, como se pode supoñer, sobre historias non relacionadas.


O libro ofrece a taberna do Portal Bocexante como punto de reunión, onde o grupo se reune antes de saír ás diferentes aventuras.



Probablemente me trabuquei ó facer esta compra, xa que o mazmorreo non é moito o meu estilo. O meu obxectivo era ter aventuras curtas de D&D para dirixir pero creo que tampouco cumpriron iso. O caso é que, como as merquei pois quería dirixilas todas polo menos unha vez e, como non, fun facendo (ou teño intención de facer) algunhas adaptacións para conectalas entre sí, non para facer unha campaña senón para que unha de pé a ir á seguinte se o grupo decidise continuar.


Tamén fixen algúns cambios na taberna creando unha sinxela trama principal, nada moi elaborado e unha pequena intro xa que a dirixín para xente que nunca xogara.


Compártoas aquí por se a alguén lle interesasen, tamén en inglés xa que teño os textos que foi como a dirixín a primeira vez.


 

Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.

 

Información para pasarlle ó grupo


Introdución á Cidade de Waterdeep e ó Portal Bocexante

Augas Profunfas (Waterdeep ), coñecida como a Cidade dos Esplendores ou a Coroa do Norte, foi a máis importante e influínte cidade no Norte e incluso quizas de todo Faerun.

A posada O Portal Bocexante foi construída en 1306 por Durnan sobre as ruínas da vella torre de Halaster Blackcloak. Gañou a maior parte do seu renome por seren a primeira ruta aberta á Inframontana, un pozo cuxas paredes levan á primeira destas mazmorras.


Cando as sombras van cubrindo Augas Profunfas ( Waterdeep ) e a madeira crepita na cheminea no gran salón baixo unha lumbre carmesí, criaturas en busca de aventuras dende os Reinos Esquecidos e incluso dende outros mundos, narran historias e difunden murmurios sobre escuras mazmorras e tesouros. Algunhas historias están ubicadas ó longo de todo o multiverso e Durnan está atento a aquelas que poidan encandilar os seus oídos...


Parece que algo importante vai acontecer no Portal Bocexante, un evento que atrae a multitudes, incluso hai quen di que Durnan xa non leva O Portal Bocexante...


Contexto para os trasfondos do grupo á aventura (se o precisan, para conectar coa Cidadela Sombría)

Decidiches visitar o Portal Bocexante pero por qué? Hai unha chea de posibles razóns.

Quería visitar a pousada? Quizais para coñecer a Durnan, quizais para unirte a un grupo na procura de aventuras, para escoitar boas historias, para ofrecer os teus servizos como seguidor/a de Tymora ( Señora da Fortuna, a Sorrinte Dama )... ou simplemente te atopabas por Augas Profunfas ( Waterdeep ) e consideraches que era unha boa oportunidade para visitar esta localización.


Viñeches comprobar se os rumores eran certos? Hai quen din que Durnan abandoou a pousada e quen falan de que alguén, quizais el, está preparando na pousada a apertura dun portal que conecta con Oakhurst? Parece que chegou unha mensaxe dende esa vila; unha vila próxima unha vez orgullosa fortaleza que caeu como absorbida pola terra hai xa demasiados anos... agora coñecida como a Cidadela Sombría.


Historia de fondo - Máster


Durnan atopou un modo de abrir portais sobre o famoso pozo da taberna. Facendo axustes nas runas poden indicarse coordenadas para viaxar, o seu obxectivo era volver de novo ós seus tempos de aventureiro e superar un novo reto, conseguindo o que nunca ninguén: os tesouros de Acererak (A tumba dos Horrores).


Antes de partir avisou a unha compañeira para que se fixese cargo da taberna, Relva, pero non lle dixo a ónde ía nin cánto tardaría. Tras un tempo sen ter novas del e ter descuberto o mecanismo do portal, decidiron convocar a grupos ou persoas voluntarias que quixeran ir na procura de aventuras, de riquezas, coñecemento... co obxectivo real de averiguar e atopar a Durnan.


Irán engadíndose máis tramas, a medida que as vaia preparando.


Recursos audiovisuais


Conexión entre as aventuras


Trasfondo Ermitá/n. Visión:

A visión que truncaba o teu descanso nas últimas noites era paradoxicamente iniciada cun bocexo… sentías un descenso na escuridade, como se fose un pozo infinito… sensación de aire que se entrecruza e unha brillante luz que te cega… e nese momento… vías a palma da túa man… sobre ela tomaba forma unha mazá… antes de poder alcanzala coa outra man partíase en dúas… unha das metades parecía a dunha mazá lustrosa…. transmitía paz… a outra en cambio… parecía enferma, transmitía dor, morte sufrimento… un son de fondo que ó inicio parecía suave se ía incrementando… eran como sons de martelos golpeando armas… xamais conseguiches achegarte a eses sons o soño sempre remataba coa mazá… e volvendo a sentir esa luz, ese pozo… ese bocexo.


Durnan podería estar, vivo ou morto, na última aventura, a Tumba dos horrores. A primeira que se abre, por seguir a orde do libro sería a Cidadela Sombría. Cando Relva estaba facendo probas coas runas activouse alí, en Oakhurst, o portal e Kerowyn Hucrele, na súa desesperación, enviou unha nota a través do portal, agardando que lle trouxese a axudaba que buscaba e por iso, comezan a procura de grupos de aventuras que poidan ir investigar qué acontece alí e ver se hai modo de conseguir que Durnan volte.


-- Adaptacións no resto de aventuras (irase actualizando) --



 

Contenido en español

Introducción a la Ciudad de Waterdeep y al Portal Bostezante (para el grupo)

Contexto para los trasfondos del grupo á aventura (si les ayuda, para conectar con la Ciudadela Sombría)

Historia de fondo (Máster)


 

Contido en inglés (english)

( Se vedes erros, avisade para corrixilos :P, grazas! )

Introdution to Waterdeep and the Yawning Portal (for players)

Context to help to create player backgrounds (for players to connect with Sunless Citadel)

Story behind this (Master)


 

52 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page