Saír do abismo (1-15) [Out of the Abyss]
Esta aventura caracterízase por vivenzas de supervivencia, horror, infraescuridade, criaturas demoníacas e inexplicables, sensación de "encerro".
¿Queres xogala?
Esta aventura non é para calquera grupo o xogador/a. A campaña é dura dende o comezo, polo que non é especialmente recomendable a quen non xogara nunca (aínda que non é un veto tampouco). A frustración e a impotencia serán unha constante presente durante moitas sesións nun lugar totalmente adverso, polo que é importante valoralo.
Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.
¿Queres dirixila?
Esta aventura non é especialmente sinxela de dirixir. A cantidade de NPCs a un mesmo tempo que hai que xestionar é bastante alta e a trama require de axustes e adaptacións, además de que hai moitos periodos de viaxe e a frustración do grupo pode ser alta.
Comecei a dirixila en outubro de 2020 e como xogamos unha sesión ó mes avanza lenta pero quería ir compartindo algunhas axudas e suxerencias que eu apliquei ou tiven en conta para preparala.
A aventura non se grava nin se retransmite pero o diario de sesións da aventura co grupo ó que estou dirixindo pode consultarse aquí: Diario de Sesións - Furia Demoníaca.
Sesión 0
Aquí vos deixo a estrutura que seguín eu na sesión 0.
O primeiro foi compartir a información básica sobre sistema, personaxe, normas... que se pode encontrar na entrada Sesión 0 (cero). Primeiro contacto Aventura - Grupo. Guía de grupo e xogo. Galego.
Para esta aventura en concreto quixen facer que a entrada en sesión non fora con todo o grupo unido. As personaxes na aventura oficial comezan nunha prisión; eu escollín facer que entrasen en diferentes momentos xa que o grupo non se coñecía previamente, salvo Breina e Oroko que son curmá e curmán (e casualmente obtiveron o mesmo resultado e entraron á vez na celda). Escollín que todo o grupo (e NPCs) accederían ó cárcere nun periodo de 10 días e polo tanto pedinlles que tirasen 1d10 na sesión 0 (eu tirei aparte por cada NPC). Ata que está todo o grupo ó completo a narrativa de cada día que pasa é máis global e menos detallada para axilizar ata que estea o grupo completo, isto vese na sesión 1 do Diario de Sesións - Furia Demoníaca.
No listado de NPCs engadín unha máis, Rax, no meu caso que foi asasinada como primeiro exemplo do que se poderían agardar. Foi asasinada un día que o grupo drow esqueceu de pór os grilletes e por iso dende aí prestan máis atención a encadear ben a cada preso/a.
Durante a aventura tamén permiten atopar certos obxectos facendo unhas tiradas de dado para ver qué obxecto atopan, eu adiantei esas tiradas e permitín que as adquirisen durante a aventura sen cortar a narrativa e sabendo qué obxectos serían e podendo preparar así o modo en que poderían conseguir estes obxectos. Neste caso a tirada é 1d20.
Tamén lles pedin que lanzasen Xd10 sendo o seu modificador de carisma. Cada número de 1 a 10 estaba asociado a un NPC. Desta forma establecía con qué NPCs se poderían ter relacionado máis nese tempo, tendo máis relación (coñecemento sobre NPCs) quen máis carisma tivese. Isto foi debido a que tras unha estancia na celda terían sacado certa información.
Guías de apoio para a campaña
Grupo NPCs
De acordo a cómo eu me organizo, tiro os dados para escoller o xénero e sexo de cada personaxe por iso poden non coincidir cos casos orixinais. Aquí deixo as fichas do grupo de NPCs como acompañantes e as personaxes que empreguei. As imaxes que emprego non están libres de dereitos, algunhas son as oficiais da campaña e outras atopadas na rede aínda que non identifiquei a súa autoría.
Aquí poden verse estadísticas propostas para o grupo de NPCs: A Motley Crew: The Velkynvelve Prisoners as PCs for Out of the Abyss. Eu tomeime as miñas licencias tamén para crear as fichas: non son as fichas oficiais. As fichas oficiais empregan criaturas do bestiario.
留言