Sesión 3. Escapa como poidas!
-- Perspectiva de Kanelitah --
O grupo escapa por fin de Velkinvelve, pero o coste é bastante alto.
Despois de reanimar a FFarlee descubrimos unha nota no seu libro de maxia: o noso cómplice drow, Vandree, asegúranos que durante o cambio de guardia aquela noite haberá unha distracción oportuna e poderemos escapar.
Despois de intercambiar desexos en caso de morte e discutir a orde de saída, o grupo sae sixilosamente da celda e cruza a ponte cara a torra da guardia en busca do seu equipo. Desafortunadamente, nin a lira de Oroko, nin as ferramentas de ladrón de Kanelitah nin outros efectos personales están na armería, pero os nosos fuxitivos fanse con algunhas armas e armaduras para defenderse. Ao saír da torre descubren que o siguen un trío de drows que comeza a atacalos. Eldreth e Ront caen valentemente defendendo a saída.
Silge e Farlee agárranse a quen poden atopar o camiño na escuridade. Ao dirixirse cara unha evidente emboscada, Jimjar ten unha brillante idea; saltar á tela de araña e de aí á auga. Os outros miembros do equipo parecían reticentes á idea, pero ao cabo, rodeados por ambos frentes por enemigos, decidiron seguir á gnoma e tirarse cara a tela de araña. Foi difícil desfacerse das pegañentas ataduras da tela de araña, pero entre uns e outros os nosos heroes puidéronse liberar, e logo de atar unha corda para facilitar a baixada, descender ao nivel inferior.
Na auga esperaba unha criatura temible, como de xelatina. Afortunadamente, as poderosas zarptas de Derendil deron conta do inimigo antes de que puidera ensañarse có resto. Farlee e Shuushar perderon a consciencia, pero entre Oroko e Silge conseguiron arrastralos ao outro lado da auga. Unha vez da orilla, Sarith suxeriu continuar o camiño cara o norte e correr o máis rápido posible para escapar dos perseguidores. Sen ningunha dúbida os drows de Velkinvelve non deixarán de tratar de atrapalos, agora hai que ser máis rápidos e máis listos para poder escapar e sobrevivir na infraescuridade.
Master pori subenos de nivel pls ilu
NPCs
[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]
Sarith
Buppido
-Eldeth-
Shuushar
-Ront-
Jimjar
Topsy
Torvy
Princesa Derendil
Stool
Ver o listado de sesións: Diario de Sesións - Furia Demoníaca
コメント