top of page

Sesión 2. Remexendo na... Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do abismo. Galego

Actualizado: 21 dic 2022




Sesión 2. Remexendo na...

-- Perspectiva de Silge --


Comezamos este novo capítulo da nósa aventura ainda encerrados na cela na que nos manteñen os drow. Despois da conversa con Mr. Cara Cortada (Jorlan Duskryn) Farlee e Kanelitah comparten o que saben co resto do grupo e xuntos intentamos idear un plan para fuxir. Oroko recorda que os gardas levan ó pescozo un par de chaves que, curiosamente poderían encaixar coas pechaduras da porta da nosa cela e dos grillóns que suxeitan os nosos pulsos. De súpeto caemos na conta de que o garda que segue inconsciente fóra da nósa cela tamén debería levar unha. Seremos quén de quitarlla? Oroko facendo uso das súa excelente visión nocturna dirixe a súa man de mago sen un atisbo de dúbida, saca a cadea do pescozo do garda e consegue introducila na cela.


Coa chave no noso poder, reunímonos todos e quitamos os grillóns mentres seguimos intentando decidir a mellor maneira de escapar. Cando estamos planeando abrir a porta da cela para que Oroko vaia ós barracóns a ver se atopa as nosas pertenzas, o garda esperta e dase conta de que non estamos encadeados. Como era previsible os gardas viñeron con reforzos para volver atarnos e asegurarse de que non montabamos máis balbordo. Nun alarde de imaxinación, Silge suxire, antes da entrada dos gardas, agochar as chaves na letrina evitando así que fose requisada. En pouco tempo isto revelaríase como unha idea de merda (pun intended). Cos gardas fóra da cela, volvemos ó noso plan. Argallamos una maneira de recuperar as chaves para volver liberarnos. Oroko facendo uso do seu camuflaxe nocturno, comeza a remexer na letrina buscando as prezadas chaves. O fedor expándese rápidamente pola cela afectando primeiro a Silge quen decidira durmir preto da letrina facendo de pantalla para cubrir os movementos de Oroko. Silge non o pode aturar e bota ata a primeira papilla que lle deron ó sair do cascarón. A noxenta mestura de cheiro e os sons de náuseas provocan unha reacción en cadea da que apenas un par de valentes poden escapar. Farlee fai uso da súa poderosa constitución para aguantar o tipo. A reacción en cadea é tan potente que mesmo o garda sucumbe facendo que os seus colegas se escarallen del de xeito bastante ruidoso. Desta vez os gardas Quaggoth volven para limpar a desfeita e non dubidan en demostrar de xeito moi vehemente que non queren ser molestados durante a noite. Farlee que aguantou estoicamente as ganas de vomitar leva unha boa malleira desta vez.



Pola mañá, sen case poder descansar, chega a hora das nosas tarefas diarias. Breina liberase e vai pasando a chaves para que Oroko, Silge, Kanelitah e Farlee se liberen dos seus grillóns. Xusto nese intre os gardas entran na cela para buscarnos e Jimjar, aproveitando o desconcerto, arrebatalle a Farlee as chaves das nosas cadeas. Os grupos de traballo quedan da seguinte maneira:


  1. Farlee, Topsy e Xemelgo, Derendil, - Este grupo dedícase a derrubar un antigo pozo negro. Unha enorme rocha que se desprende da estrutura vai impactar directamente contra Topsy que non pode evitar o impacto. Polo tamaño da rocha a gnoma debería ter morto pero sorprendentemente está intacta... Raro, non?

  2. Kanelitah, Buppido - Kanelitah ten unha tarefa moi entretida, alimentar as enormes arañas que pululan por cada anaco desta caverna. Entre as vísceras que reparte como alimento para as bestas atopa uns dedos de drow que despertan a súa curiosidade. Investigando parece que poden pertencer a alguén relacionado con ela... Quén pode ser?

  3. Oroko, Eldreth - Masaxear pés de drow. Quén non querería esta tarefa? Oroko fai o mellor que pode pero non parece contentar ó garda que está desexando poder relaxarse. Eldreth pola súa banda está a dar un recital de como descontracturar a musculatura así que, como pode, indica a Oroko como ten que facer para sair airosa da súa tarefa. Oroko clava cada un dos movementos que lle indica a súa mestra e finalmente, cos gardas algo máis relaxados consegue ter algo de conversa na que descobre que nos quedan escasas oportunidades para fuxir antes de que nos trasladen para ser vendidos como escravos.

  4. Breina, Jimjar - A tarefa de Breina é aturar as constantes apostas de Jimjar, e xa de paso desplumala porque contra Breina non ten nada que facer. Neste caso a aposta foi facer a mellor escultura de araña posible. Breina sacou toda a súa maña e o seu arte para clavar unha escultura de pedra que mesmo o garda que as supervisaba sentiu celos e tivo que romper totalmente frustrado.

  5. Silge, Shuushar, Ront, Sarith - Os bordes do grupo e mailo peixe brasas acabaron no soto da caverna recollendo os escombros do pozo negro que estaba a desfacer o grupo 1. A enorme rocha que non puido danar a Topsy seguiu o seu camiño cara á cabeza de Silge onde lle fixo un bo croque. Na conversa durante o traballo, Shuushar apunta que Sarith cheira dun xeito extraño. Silge facendo gala do seu escaso tacto cheira a Sarith detectando un aroma similar ó que desprende Stool... Que será? Durante os seus paseos movendo escombros, Silge atopa unha saída ó Noroeste do ascensor.

Rematada a xornada de duro traballo os grupos comezan a volta á cela. Jimjar empurra bruscamente a Breina que vai tropezar contra Derendil. De novo Jimjar aproveita o balbordo para moverse como unha sombra e coller un libro dun dos estantes da sala na que se atopan. Mentres subren no acensor Silge e os demáis, este dase conta do que fixo Jimjar e decide promover o balbordo para darlles tempo a agochar o libro. A víctima neste caso é Sarith que sen apenas ter tempo de reaccionar se atopa colgando ó borde dun precipicio. Farlee que se atopa no medio da escena intenta mediar entre ambos (pobre). Mentres os gardas comezan a moverse para deter a pelexa, Breina decátase do que está a pasar e hábilmente recolle o libro e pégase a Derendil para ocultalo. Ambas se afastan voltando á cela mentres os gardas castigan ó grupo de rebeldes. Rond e Farlee reciben duras feridas. Especialmente esta última que queda inconsciente. Sen comelo nin bebelo a pobre levou a peor parte da historia.



Pola súa banda Kanelitah chega á cela e atopa a Stool gravemente ferido. Temendo pola súa vida investiga e valora as súas posibilidades de salvar ó pequeno micónido. Antes de ter tempo de facer nada, Breina chega co seu grupo e con todo o seu agarimo extrae unha ganzúa dunha das patas de Stool e aplicalle os coidados necesarios para salvar a súa vida.



Que aventuras vivirá este grupo? Conseguirán sair da súa cela? Acabarán vendidos como escravos? Non perdades o próximo episodio!




NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

Sarith

Buppido

Eldeth

Shuushar

Ront

Jimjar

Topsy

Turvy

Princesa Derendil

Stool



Experiencia Sesión 2.



Ver o listado de sesións: Diario de Sesións - Furia Demoníaca

16 visualizaciones0 comentarios
bottom of page