top of page
Foto del escritorLamia Escura

Sesión 1. Farlee non sabe onde está. Diario de Sesións. Furia Demoníaca: saír do abismo. Galego.

Actualizado: 30 nov 2022




Sesión 1. Farlee non sabe onde está.

-- Perspectiva de Breina --


Nun momento dado, tras días de encerro (unhas máis días, outras menos), descubrimos que baixo as esporas de Stool, o brote micónido, temos a posibilidade de comunicármonos telepaticamente. Non temos demasiado tempo para explorar esta posibilidade porque comezamos a oír ruído de cadeas e vemos abrir a porta da mazmorra e aterrar no medio a unha nova "convidada". Farlee comeza a interrogar con ese seu tacto característico a tódolos seres que alí nos atopamos, tentando situarse.




Como en días anteriores, séguennos sacando por parellas a traballar, procurando que sexan parellas que non se entendan ben (ou que non se entendan, directamente). Durante os nosos traballos, imos tomando nota mental das zonas polas que nos moven e tentando facer acopio de materiais que nos poidan permitir nalgún momento unha fuxida. Así, Breina atopa e consegue levar á mazmorra un coitelo e unha bola pegañenta que podería servir para protexer algo pequeno; Oroko, unha chave de cobre; Kanelitah n'Ramae (con bastante axuda da gnoma ludópata), un virote. Seguro que hai máis cousas pero non as temos anotadas. Deducimos, ademais, que as nosas cousas poden estar gardadas nas caixas que hai nunha barraca, por diferentes cousas que foron vendo Kanelitah n'Ramae e a gnoma ludópata.





De volta na mazmorra, Eldreth Feldrun chama a Breina para avisala de que xa conseguíu rematar de montar a ballesta da que foran recopilando as pezas nos días anteriores. Agóchana entre o monte de merda comunitario á espera de teren algo que disparar con ela.


Á gnoma xemelga pásalle algo, está nun estado moi grave de nerviosismo. Óense berros, Silge detecta que quen berra é un drow. Descubrimos que a criatura azul que nos acompaña é unha princesa elfa que está baixo unha maldición.



Kanelitah n'Ramae e Farlee achéganse á porta para ver que está a acontecer fóra e ven como o drow desfigurado mata cunha frecha ó garda da mazmorra. Deciden aproveitar tódalas súas capacidades de sedución para conseguir que o drow nos axude a saír. Conseguen chegar ó acordo de que el fará o posible para que poidamos saír da mazmorra (e a ver que pasa) a cambio de que lla liemos ó folla-amigo da sacerdotisa e que ela perda todo o seu interese nel.




NPCs

[As imaxes amosadas a continuación son as que empreguei na campaña privada pero teñen os seus lexítimos dereitos, indico aqueles das que atopo a autoría. Os sexos e xéneros das criaturas poden non coincidir cos da campaña orixinal xa que aplico certos criterios na miña dirección como máster]

Sarith

Non - gnomo

Eldeth

Shuushar

Orco

Jimjar

Xemelga

Xemelgo

Princesa Derendil

Stool



Experiencia Sesión 1.



Ver o listado de sesións: Diario de Sesións - Furia Demoníaca

31 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page