top of page
Foto del escritorLamia Escura

Plataforma Nivel20. Fichas Rol, Rexistro Combate. Taboleiro 3D. Galego, Español, English

Actualizado: 27 mar 2022

A miña plataforma de referencia para D&D 💖🐉



Plataforma de rol online gratuita que permite a xestión de fichas en diferentes sistemas, actualmente D&D5e, D&D3.5e e Resurgir del Dragón, aínda que está en desenvolvemento a creación dunha ficha flexible que permita a súa adaptación a diferentes sistemas. Tamén conta con taboleiro, rexistro de combate e máis!





Esta plataforma permite xogar a rol a distancia e facilitar as partidas presenciais. Dispón de:

  • Creación e personalización de fichas de personaxe (D&D5e, D&D3.5e e Resurgir del Dragón).

  • Creación e xestión de campañas.

  • Rexistro de combate (vida, maxias, recursos, iniciativa...); pode empregarse dende o móbil e de forma independente ó taboleiro.

  • Acceso rápido a accións configurables (os botóns que aparecen na parte inferior da imaxe).

  • Taboleiro con opción de usar miniaturas 3D (co creador da plataforma) ou empregar imaxes que subamos dende local; pode empregrase de forma independente ó rexistro de combate e ás campañas, podería xogarse perfectamente unha partida de xadrez.

  • Posibilidade de crear contido mediante libros de regras para compartir con outras persoas como criaturas, razas, clases... esta funcionalidade está en desenvolvemento polo que calquera pode facer uso de libros de regras pero só Patreon Dungeon Máster poden crear estes libros (igualmente as fichas son editables polo que poden axustarse a diferentes razas ou clases que non estean presentes na aplicación).


Qué preciso?

Para empregar Nivel20 só precisas un navegador web e conexión a Internet. A primeira vez terá que descargar bastante contido polo que tardará máis, ou cando haxa actualizacións, as veces restantes deberían ser máis rápidas.

Se da erros, comproba ter a aceleración por hardware activada. Ten en conta que é posible configurar a calidade de imaxe en axustes, que por defecto é ultra.


Requisitos para uso do taboleiro:

- Navegador que soporte WebGL

- Tarxeta gráfica dedicada


Melloras qué se veñen

O mellor para saber isto é prestar atención ás súas redes sociais. Por agora, por comentar unhas poucas, ¡acaban de sacar o control de visibilidade de personaxes e criaturas no rexistro de combate así que son moi feliz! e veñen en camiño melloras tan desexadas como a ficha de personaxe adaptable, de modo que poidan xogarse máis variedades de sistemas configurándoa, tamén a posibilidade de duplicar criaturas nos libros de regras, a posibilidade de facer tiradas ocultas... A orde na que se van realizando estas melloras depende das votacións de Patreon.


En calquera caso, omitín moitas novidades que están en plans, outras que serán sorpresa e moitas outras que aínda non están en plans pero igualmente chegarán!








2021, 30 Xaneiro: Axuste do tempo de borrado automático dos dados

Axuste do escalado do taboleiro

Duplicado de criaturas do bestiario

Iconos nas tiradas de dados do chat destacando tiradas máximas e mínimas

Tiradas de dados de outros sistemas como por exemplo Fate coa notación para as tiradas "AdF + B" sendo A o número de dados e B o bonificador á tirada


Apoiar o Proxecto



Se ides adquirir algún material de rol, sempre podedes obtar por mercalo na tenda de Nivel20 e recordade que na tenda de Nivel20 tedes o código de desconto: ELTABERNEROL




Se alguén quere apoiar o proxecto pode facelo uníndose o Patreon. Ser Patreon permite dar apoio económico para facilitar que os programadores, Álex e Guille, poidan adicar máis tempo ó desenvolvemento da plataforma.


Os diferentes niveis de Patreon proporcionan diferentes recompensas; resumidamente:

  • Nivel Aventureira: elimina os anuncios da plataforma, dá acceso a canles privadas en Discord, permite votar as prioridades de desenvolvemento e da ilustración mensual.

  • Nivel héroe: ademais do previo, posibilidade de votar propostas de Patreons Dungeon Máster para a plataforma, aparición do teu nome nos agradecementos e posibilidade de descargar a ilustración mensual con maior calidade.

  • Nivel Patreon Dungeon Máster: ademais do previo, posibilidade de facer novas propostas para desenvolvementos na plataforma, permite o acceso anticipado e funcionalidades e contido en desenvolvemento, destancando actualmente os libros de regras.


 
 


Nivel20 - Español


Mi plataforma de referencia para D&D 💖

¿Qué necesito?

¿Mejoras que se vienen?

Vídeos Nivel20 Español

Recursos

Apoyar el Proyecto


 
 


Nivel20 - English


My favorite platform to play D&D 💖


Features

What do I need to use it?

What features are coming?

Support Nivel20: Patreon and Nivel20-Store



100 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page