Para algunhas partidas que dirixín fixen modificacións ou creei algo de material que considerei que podería favorecer a inmersión ou aportar máis diversión ás aventuras, así que vou compartilo por se alguén lle parece interesante e quere darlle uso.
Déixoo en galego, español e algo en inglés. Por defecto saen abertos pero lles activei un botón pra que poidades ocultar o idioma que non vos interese.
Mini-reseña
Aventura que pode dirixirse nunha soa sesión, entre 2-7 horas. Foi unha das primeiras aventuras dunha soa sesión que me animei a dirixir.
É unha aventura de investigación e terror e así foi na maioría dos grupos nos que a dirixín, deixo anécdota ó final co grupo disonante. Esta aventura ten unha premisa moi sinxela, como é a procura dunha amizade. Os sucesos cos que se enfrontan pronto na investigación son bastante impactantes, a historia que hai detrás tamén é interesante, aínda que eu preferín facer algúns cambios e darlle un desenlace alternativo.
Sinxela de dirixir e interesante de xogar, recoméndoa.
Spoilers de aquí en diante. Se tes pensado xogala, deixa de ler aquí.
De ónde saco a aventura?
Esta aventura, escrita por Ricard Ibáñez, coñecina grazas ás aventuras gratuitas que publican dende Shadowlans, os Shadowshots dúas veces ó mes durante 24h. O sistema que emprega é un sistema Zero, que ven explicado no propio PDF da aventura. Polo que estiven investigando hai outra versión empregando o sistema La llamada de Cthulhu 7.
-- Modificacións propias --
A partires de aquí comparto as modificacións que fixen cando a dirixín para adaptala máis ós meus gustos e ós do meu grupo, para podermóla gozar máis.
Non son especial seguidora de Lovecraft (perdoádeme) e algunhas modificacións que poida facer van na dirección de evitar as partes máis sobrenaturais da aventura. Polo que, se vos gusta o horror cósmico máis que a investigación, é posible que non vos interesen os cambios e engadidos na trama, pero as estensións de trasfondos poden seguir a ser do voso interese.
Trasfondos estendidos (galego)
Engadín trasfondos para dar máis información que xa deberían saber pola súa relación con Linda, intentei fortalecer os vínculos e engadín algunhas pistas no trasfondo de Loui relacionadas con parte dos cambios que fixen de cara a Cecilia Warren.
Chloe.
O encontro con Linda, tan fora das normas foi o que te namorou dela, é bastante misteriosa e iso gústache. Sabes que non ten familia viva na cidade, polo que ti es moi importante para ela, como Jack, o seu mellor amigo.
Sempre que quedas con ela, soe chegar antes ou ser puntual, nunca a viches chegar tarde. Poucas veces fuches á súa casa, posto que a túa está nunha mellor zona. Linda viva en Chelsea Street, 31, nun apartamento bastante barato. Cres que a súa única veciña é a señora Williams coa que non conseguiches manter ningunha conversa proveitosa e que ten unha mascota bastante ladradora, polo que puideches oír; por sorte se se pode falar co porteiro, Arnold, un home risueño, amable e bastante bromista.
Jack.
Cando Linda entrou como Gogó no Witch Clube ti xa tiñas problemas coas drogas. El axoduote a darte conta co teu problema, para afastarte un pouco desa situación decidiches deixar de trabllar no Witch Clube, onde soías atoparte co teu provedor de drogas, pero iso non rematou coa túa amizade con Linda. Ela seguiu apoiándote, incluso cando as drogas fixeron que a tratases como non merecía, agora que estás preto de superar a túa adición es consciente do gran apoio que ela supón na túa vida.
Veronika.
Chloe, a túa impulsiva compañeira de traballo, animoute a unirte a ela e á súa moza, Linda, para saír de festa xuntas e así coñeciches a Jack, amigo de Linda e, recentemente a Loui, irmán de Chloe, que parece que estará unha tempada vivindo con ela. Ó estares en Boston, un novo lugar, Chloe e o seu grupo de amizades son en quen te apoias e quen te axudan a adaptarte a Boston, así que son como a túa pequena familia aquí.
Loui.
Estás de acordo coa túa irmá en que Linda é bastante misteriosa, iso fíxote sospeitar, dúbidas que se incrementaron ó seguila e non atopar nada sospeitoso… nada máis aló dun calafrío que percorreu o teu corpo nos últimos días cando a seguías pola cidade. A pesares de seres ti quen a seguía, eras ti quen se sentía observado ou perseguido indo tras ela; ¿será pola sensación de estar a facer algo ás agachadas de túa irmá ou haberá algo máis?
- Historia Alternativa -
O grupo que emprega vudú para sacrificar ó pai de Linda é un grupo que se saíu dos dogmas do vudú indo máis alá e sacrificando seres humanos para facilitar o descanso das persoas nagras que sufriron pola súa causa. Neste caso, os actos de Natha arrastraron o destino de Linda e Cecilia.
A nai de Linda faleceu intranquila, preocupada pola súa filla, por se seu pai daba con elas; polo que o seu espírito seguíaa, en ocasións. Puido notar algo Loui ó seguir a Linda?
Cecilia non podía facer máis ca vixilar, sen intervir, salvo cando estaba preto do seu corpo, no Panteon Warren. Por iso o garda, en ocasións, escoitou lamentos recentemente. Cecilia sabe que a súa filla estaba en perigo e non podía facer nada.
Os bruxos atraparon a Linda na súa casa, comezando lí o ritual. Dende ese momento quedou catatónica. Levárona ó panteón familiar, para facer un ritual co seu corpo, aínda con vida e o da súa nai. Pero a alma desta puido actuar alí, onde era máis forte. Conseguiu mover elementos da sala, unha vez abriron o seu sortego con gran dificultade e ferir ó bruxo, quen conseguir forzar á pantasma a volver a descansar en contra da súa vontade, quedando moi mal ferido; polo que se aplicou o ritual a si mesmo convertíndose en gul e alimentándose dun mendigo que atopou pola zona e atraxo ó Panteon, puidendo así tomar o seu corpo temporalmente.
O aprendiz ó ver a batalla, perturbado, saiu correndo de alí e foi atopado e levado ó psiquiátrico.
No final, Linda non está embarazada e, se as súas amizades a salvan e apoian, podería recuperarse e considerar comezar de cero noutro lugar onde non poida ser atopada, pois sabe que pode ser obxectivo deste tipo de vinganzas e decidiu non ter bebés para que non haxa máis vidas ás que arrastrar con esta condena.
Imaxes e Música
Paso aquí os enlaces das imaxes [I] e os da [M] música, dos audios de ambientación que empreguei en diferentes partes da historia. Para NPCs que non tiñan nome asigneilles un.
[M] Pub Irlandés
[M] Edificio
[I] Señora Willliams e Fifí
[I] Toni Andrei
[M] Policía: [I] Ed Fausen e [I] Jenny Harris
[M] Apartamento
[M] Club
[I] Lady Sarah
[I] Robert O’Really
[M] Rexistro
[M] Biblioteca
[M] Sanatorio
[I] Celador
[I] Axudante Chamán
[M] Cemiterio
[M] Panteón
[I] Cecilia Warren
[I] Vagabundo
[I] Extra
Adaptaciones y contenido extra en español.
Historia alternativa
Trasfondos
Extra background Content in english
Adventure
Backgrounds
The disappearance of Linda Warren Vídeo [Rolling Languages: English] #rollinglanguages
Anécdota
Está ambientada nos 80s e nun grupo, un xogador animouse a buscar "frases típicas da época" e xa podedes imaxinar que con "Cantidubidubidubi" non hai moito terror, hehe. Estivemos toda a aventura escachando da risa e foi unha experiencia xenial, tamén se dedicaron o seu tempo, na aventura a ir mercar polo para o almorzo... e chamaron a varios teléfonos, usando a guía telefónica, a ver se daban con Linda xDDD, un grupo ocurrente cando quería pero non para ver a pista obvia da aventura XDD
O obxectivo é pasalo ben así que se non conseguides que sexa de terror, tampouco pasa nada, creo que en ningunha partida rira tanto.
Se vedes erros, avisade para corrixilos :P, grazas!
Sorte nos dados!!
Comments