Agora que a pandemia comeza a amainar e facelo posible, podemos reencontrarnos diferentes grupos de persoas e qué mellor que un grupo de rol.

Integrantes de Galicia Rolera este ano organizamos unha pequena quedada para celebrar ó noso modo Samaín, do venres 29 de outubro ó 1 de novembro.
Organizamos diferentes eventos; entre eles había opción de xogar algunhas partidas de rol, e tamén un evento especial nunha finca cun evento de investigación do asasinato.
Contamos coa colaboración de La Fortaleza que é unha tenda de Wargames en A Coruña, se pasades por alí non dubidedes en mandarlle un recordo da Lamia a Fian, o dono. De feito este 7 de decembro é o terceiro aniversario da tenda por se alguén quere pasarse a dar a noraboa!

Deixo unhas imaxes por aquí para poder facerse unha idea. O ano que ven agardamos poder facer un evento máis grande, mellor organizado e con cabida para máis xente pero é innegable que este ano foi xenial, foi moi divertido ver esas persoas coas que xogamos de cando en cando e están ó outro lado da cámara, ir cear con elas ou compartir unha mesa de rol presencial.



Non comparto aquí imaxes de membros durante o evento para respectar a súa privacidade, aínda que poden encontrarse algunhas no servidor de aquelas persoas que consentiron.
Coas enerxía consumidas e moita ilusión con todas as experiencias vividas e as amizades afianzadas ou descubertas volvemos ós nosos fogares con ganas de voltar.

Comments