top of page

"Olladas indiscretas" - Proposta con Exemplo para partidas de rol. Galego, español.

Actualizado: 13 ene 2022

Non, non é un programa da TVG (aínda que o título pareza creado para ela xD) nin un programa de cociña!


Proposta Galego

Proposta dun recurso de apoio ás partidas de rol, para coñecer máis ás personaxes e a súa evolución, en palabras delas mesmas.


 

A idea é que a personaxe se amose como é nun vídeo breve, onde se poida apreciar o seu ánimo, a súa forma de ser, basicamente coñecela un pouco, ter unha primeira impresión. Isto sería antes de xogar a partida. Despois de xogala faríase outro de modo similar, e así poderían verse os efectos da partida, o contraste.


O estilo de vídeo ou elemento escollido, a "ambientación" e demais dependería do que encaixase coa personaxe. Se a personaxe está morta, poderían facerse unhas reflexións, poñer unha imaxe en branco ou negro total... un texto... memorias de cómo foi... dependerá da imaxinación e das do que cada xogador/a/e poida facer cos recursos que ten.


 

Podería facerse con diferentes estilos, claro, o primeiro que me veu á cabeza son as típicas gravacións de confesionarios, nas que a persoa desafoga ou di o que lle ven en gana sen pensar que vai ser xulgada (polo menos no momento inmediato); tamén como cando nunha obra de tearo actrices/actores falan directamente ó público sen pelos na lingua.


Realmente podería ser calquera tipo de gravación (ou audio, mensaxe, carta...) que permita ter un contacto do estado, intereses ou rasgos da personaxe ANTES de xogar a partida e logo outro DESPOIS.


Exemplos: videochamada, mensaxe gravada, cámara de seguridade... Con cada personaxe encaixarán mellor unha ou outras opcións.


A miña intención é non compartir os vídeos ata que a partida sexa completada, para evitar spoilers, e que ambos vídeos, na comparativa permitan ver os efectos da partida na conduta, medos, situación, ánimo... da personaxe.


Polo tanto sería:

  1. Vídeo PREVIO á partida

  2. Partida

  3. Vídeo POSTERIOR á partida

  4. Unir os vídeos

Se se fan ambos cunha estrutura similar, por exemplo dando opinións de NPCs ou outras personaxes ordenadamente, podería visualizarse o fragmento do vídeo 1, conxelarse este, reproducir o vídeo 2 no fragmento correspondente e logo seguir co vídeo 1, conxelando mentres o 2 e así sucesivamente.


Do mesmo modo, poderían alternarse/compararse vídeos de diferentes personaxes que falan unha da outra para apreciar as diferentes percepcións da relación, ás veces opostas.


Explícome regular, pero espero que se entenda máis ou menos xD, igualmente deixo uns vídeos de exemplo que na miña mente quedaban mellor pero tamén amosan que se poden facer rápido e non importa realmente a calidade.


Ollada Indiscreta 1. Receita - Prepartida - Galego


Ollada Indiscreta 2. Receita - Postpartida - Galego


Ollada Indiscreta Galego. Vídeo Final Receita

- Pendente subir




Proposta Español

Propuesta de un recurso de apoyo a las partidas de rol, para conocer más a cada personaje y su evolución, en sus propias palabras.


 

La idea es que cada personaje se muestre como es en un vídeo breve, donde se pueda apreciar su ánimo, su forma de ser, básicamente conocer un poco, tener una primera impresión. Esto sería antes de jugar la partida. Después de jugar se haría otro de modo similar, y así podrían verse los efectos de la partida, el contraste.


El estilo del vídeo o elemento escogido, la "ambientación" es demás dependería de lo que encajase con cada personaje. En caso de que haya muerto en la partida, podrían hacerse reflexiones, poner una imagen en blanco o negro total... un texto... memorias de cómo fue... dependerá de la imaginación y de las que cada jugador/a/e pueda hacer con los recursos que tiene.


 

Podría hacerse con diferentes estilos, claro, pero el primero que me vino a la cabeza son las típicas grabacaciones de los confesionarios, en los que la persona se desahoga o dice lo que le da la gana sin pensar que será juzgada (al menos en el momento inmediato), también como en las obras de teatro cuando actores/actrices hablan sin tapujos directamente al ṕublico.


Realmente podría ser cualquier tipo de grabación (o audio, mensaje, carta...) que permita tener un contacto del estado, intereses o rasgos de personaje ANTES de jugar la partida y otro DESPUÉS.


Ejemplos: videollamada, mensaje gravada, cámara de seguridad... con cada personaje encajará mejor una u otras opciones.


Mi intención es no compartir los vídeos hasta que la partida se complete, para evitar destripar información de la aventura, y que ambos vídeos, en la comparativa permitan ver los efectos de la partida en la conducta, miedos, ánimo... de cada personaje.


Por lo tanto sería;

  1. Vídeo PREVIO a la partida

  2. Partida

  3. Vídeo POSTERIOR a la partida

  4. Unir los vídeos

Si se hacen ambos con una estructura similar, por ejemplo dando opiniones de NPCs o personajes ordenadamente, podría visualizarse el fragmento del vídeo 1 correspondiente, congelarse este, reproducirse el vídeo 2 en el fragmento asociado y luego continuar con el vídeo 1 congelando el 2 y así sucesivamente; alternar la reproducción de los vídeos por fragmentos básicamente.


Del mimos, podrían alternarse/compararse vídeos de diferentes personajes que halan sobre sí recíprocamente para apreciar las diferentes percepciones de la relación, a veces opuestas.


Me explico regular pero espero que se entienda más o menos xD, igualmente dejo unos vídeos de ejemplo que en mi mente quedaban mejor pero también muestra que se pueden hacer rápido y no importa realmente la calidad.


Ollada Indiscreta 1. Preparación Cumpleaños - Prepartida - Español


Ollada Indiscreta 2. Preparación Cumpleaños - Postpartida - Español


Ollada Indiscreta Español. Vídeo Final Preparación Cumpleaños

- Pendente subir


78 visualizaciones0 comentarios
bottom of page