top of page
Foto del escritorLamia Escura

Helvéczia - A miña experiencia - Galego - Vídeo Outremer - Español

Actualizado: 14 ene 2022

Supoño que a maioría xa sabedes algo de Helvéczia, están actualmente nos últimos días do Verkami, a piques de cumprilo! Aínda estades a tempo de participar.



Helvéczia


Esta semana tiven a oportunidade de xogar unha breve sesión da aventura Siete Bribones que comparten no Verkami como introdución.


Partida sin spoilers

Nesta sesión un grupo de 3 personaxes sairon para unha "travesía" por un perigoso bosque e tiveron que afrontar algún problema, agora agardan que un cuarto compañeiro que quedara rezagado, se lles una en breve.


Este foi o grupo seleccionado:


- Desiderata Pirolli - - Nicholina Akerman - - Rodrigo de Espina -













A trama é moi simple, como é de agardar nunha aventura introdutoria, sinxela de seguir e que permite facilmente seguir a historia e meterse nela. É unha aventura breve na que o grupo ten que tirar de picardía e argallar cómo resolver os problemas que se van a topando, con artimañas... ou violencia.


Sistema

O sistema é sinxelo de comprender, un sistema d20, polo tanto ese é o dado que se empregará para as tiradas de accións. Sumarase o modificador correspondente e o corte da tirada "base" será 12 para acadar a consecución mínima do obxectivo salvo que sexa un reto maior, claro.


As fichas son sinxelas e segundo a cultura de orixe e as catro categorías (estudante, clérigo/a, vagabundo/a e guerreira/o) vanse formando as bases da personaxe. Teñen tamén as súas habilidades e maxias aínda que cun uso limitado, estamos falando dun uso á semana, por exemplo. Isto fai asumilas dende outra perspectiva.


Conclusión

A miña experiencia foi positiva: sistema sinxelo e aventura introdutoria simple, na que rapidamente te metes na pel da túa personaxe accedendo facilmente ás habilidades sen que o sistema supoña un problema á fluidez da aventura.


Xoguei pouco polo que non podo facer grandes aseveracións pero o bo rato que pasei faime recomendar este xogo.



Entrevista a Javier Fernández sobre Outremer Ediciones


Na conversa aproveitan para comentar un pouco o proxecto de Helvéczia.


57 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page