Ola, xentiña!! Como todo o mundo debería saber estes 20 - 21 de Agosto celebráronse as xornadas do Roliversario polo 2º Aniversario de Galicia Rolera e aquí vou narrar, un pouco, a miña experiencia.
O principal é: unha chea de xente roleira incrible viuse a desfrutar a Galicia en mesas presenciais de rol eses días!!

Organización
Como parte da organización o evento comezou hai moito, moito atrás. Fixemos un tanteo en Samaín do ano pasado, en A Coruña, foi algo pequeno e sobre todo deixando en mans de Fian (máis da súa irmá, haha) e aí Fernando Moreiras e mais eu acordamos, á volta, que había que facer un en Vigo, el propuxo o local, a Asociación Veciñal do Casco Vello, a quen lles enviamos a proposta e nos axudaron con impresións e liberación de espacio do local e o domingo para evitar que o sol nos cociñase coa cristaleira da cuarta planta.


A proposta foi levada a Nit e Menta e esta última e máis eu comezamos a estruturar cómo podería ser, qué era preciso, datas, ver o local, estimación de xente, cantidade de mesas, prazos... vaia un pouco de todo para irlle dando forma. Nit, como ama do calabozo que é, non puido resistirse a tal evento e uniuse á organización, así que finalmente as 3 nos encargamos de dar forma a un evento que, a pesares dos problemas que puidera ter dado e o sangue que correra (figurado, figurado xD), deu paso a uns días practicamente perfectos, con moito traballo pero rodeadas da mellor compañía con son de fondo de risas e dados rodando.
Como resumo podemos ter:
- Organización dos prazos internos á organización e consecución de espazo e material
- Promoción do evento e os diferentes prazos para anotarse como másteres e xogadoras/es
- Xestión de colabracións de editoriais e sorteos (isto todo cousa de Nit xD)
- Xestión de material preciso, demo wargames empaquetada a Fian e sala de chachareo! (que acabou sendo de preparación de partidas tamén, haha)


- Cartelería e información, suminisstros de líquido para que a xente sobrevivise xD
- Colaboracións e merchandising


- Organización de mesas en galego e español, publicidade en redes e ubicacións no local
- Información e posta en contacto de xentiña para que puidesen compartir transporte (viu xentiña de diferentes puntas de España e algunha de fóra!)
- Preparación do local (agradecemento especial a Alaia, qué faría eu sen ti, rapaza!)

- Acollida da xentiña que se viña uns días antes porque non aguantabamos as ganas de vérmonos o antes posible!
Nos sorteos, temos que facer un agradecemento especial a Nitta, Lady Farshaw, Ash e á azafata barbuda.


Aquí a organización do evento e administración de Galicia Rolera (si, ese punto minúsculo son eu).

Xornadas
Nas xornadas pudeimos coñecer a moita xentiña e coñecer nova!!
Como organización acudiamos antes para preparar todo e logo, sendo 4 na organización e 4 quendas pois nolas asignamos e iamos recibindo á xentiña na porta os primeiros minutos, cubrindo as vacantes e incluso activando as mesas suplentes porque a participación foi moita e moi riquiña!
Tras eses primeiros minutos, comezou a xogarse en todas as mesas, habendo moi boas experiencias e vivindo aventuras moi dispares.



Todas as mesas eran únicas, pero claro, non podo comentalas todas e nin sequera de todas haberá fotos de todas pero hai algunhas que eu quero resaltar, porque eran importantes para min. Tiven a sorte de que persoas importantes para min se pasasen polo evento, o grupo dos sábados, o grupo dos domingos, xentiña de ElTabenerRol, de Irmandades do Dado (repartindo grachas, hehe, teño a miña!) e, por suposto, e sobre todo de Galicia Rolera.







Imos ser sinceiras:
o evento foi un exitazo!!
E a xente que gañástedes premios: debédesnos unhas partidas!!
Outras actividades
Aproveitando que había xentiña adorable pola zona, pois fomos de excursión por Nigrán, gozamos da praia, do Val Miñor Fest e compartimos comidas e ceas, incluso celebrar un cumpreanos (ademais do de Galicia Rolera, claro). Aquí algúns recordos.






GRAZAS
Deixádesnos grandes recordos, todos eles moi especiais! Iremos a por outra?





Comments