top of page
Foto del escritorLamia Escura

Día das Letras Galegas. Tanxugueiras Galicia Rolera


O 17 de Maio é un día moi especial en Galicia, o Día das Letras Galegas!!


Dende Galicia Rolera este ano decidiron celebralo homenaxeando a un grupo de 3 grandes mulleres que especialmente este ano foron grandes difusoras desta preciosa linguaxe e tamén da nosa cultura.



¿Quén non coñece a estas mulleres? Deixamos por aquí aun enlace á súa canle de YouTube para que poidades desfrutala.


¿Cómo homenaxelas? Pois dende unha comunidade roleira, non pode ser doutro modo que cunha partida de rol...



O estreno da partida é o 17 de Maio, dende aquí pode verse. Tanto a máster (Nit) como as xogadoras temos como obxectivo pasalo ben menténdonos na pel de Sabela (Sereg), Olaia (Jes) e Aida (Andre) dende o más absoluto respecto por elas, polo seu traballo e polo galego.


Agardamos non ter dito nin feito ningunha tontería que poida resultarlles incómoda, estivemos vendo algunhas entrevistas para entendelas mellor pero por suposto iso é moi pequena aproximación.


Sería toda unha honra que elas mesas se interpretasen pero non aspiramos a tanto, aínda que se se animan... a rol pode xogarse sen teren nin idea, así que adiante e dispostas a comer o mundo parecen, así que aquí teñen un pedaciño máis por se queren probar (entre concerto e concerto xD).


Aturuxa cando min, compañeira máxica (vídeo da partida)

Aventura creada e dirixida por Nit, de Galicia Rolera


Moitas grazas Tanxugueiras, pola vosa afouteza e os vosos valores!


Un pracer que chegarades ás nosas vidas (e ós nosos oídos).


53 visualizaciones0 comentarios

Commentaires


bottom of page