Acudindo na procura dun pouco de auga quente e lixivia... si, en concreto da lixivia, detecto unha cantidade de auga inusual debaixo do fregadeiro. Agradezo ter deixado aquela bandexa que non facía máis que estorbar no moble colindante e tela posto aquí. A auga todavía non desbordou, por sorte, pero ese tono alaranxado de óxido (ou a saber qué), non parece tan tranquilizador.
Inicio da operación eliminar obstáculos: retiro un produto de limpeza, tras outro, descubro algún baleiro, vaia, e algún que non sabía que por aí andaba, qué cousas!
Algúns teñen o "cu" ben empapado, á pileta que van. Superficie case despexada... Maldición! Se retiro algúns dos produtos esa cantidade incontable de bolsas caerá sobre ese desagradable líquido! Razón contra pereza teñen unha rápida discusión, rápida porque pereza é consciente de que sae mal ela perdería moito máis. Comeza a retirada de bolsas, aquí comezarán as dores de lumbago desta semana (sep, estou pedindo masaxe), ata que por fin, retiro tamén uns artiluxios misteriosos que debían ser da anterior inquilina ou quen sabe, quizais de tempos aínda previos... Aprezo que aínda hai máis segredos detrás pero conteño a miña curiosidade (un chisco) e procedo coa retirada da bandexa.
Debo facer un inciso para indicar que previamente puxen unhas luvas de plástico que estaban por aí, si, non sei de quen (o mesmo miñas, eh, a miña memoria dá para o que dá), así que procedo protexida.
Vou con algo de coidado as súas dimensións son como para ducharme noxentamente ben en segundos e non falemos do que tardaría en limpar a cociña e todo o que fun ciscando por ela. A operación é un éxito! (Agardo que ninguén o dubidase ou xa podedes contar os días que vos quedan en pringarvos cun líquido pegañento, si, cruel, pero menos que a vosa falta de confianza). Tamén o limpo sen mancharme, nin mollarme (seino, estou en racha).
Volvo descender esta vez co chisme limpo, si, tampouco vou agardar a que seque de todo (si deixei un recipiente por se o tubo malvado tiña máis que aportar pero realmente creo que é unha pingueira que traballou por moito tempo, aproveitando a miña baixa percepción pasiva, ate hoxe! Pero volvamos que non deixades de desviarme...).
Coloco a bandexa e os produtos de limpeza, qué monos quedan agora hehe, unha cousa de orghullo. Pero aí está ó meu carón esa zona prohibida. Parece unha zona en obras... vale non, medio escachifada e aquí quixeron mirar a outro lado. Comezo a pensar se pode haber vida aí, comezo a recordar o meu combate 1 a 1 contra unha rata anos atrás, fun unha temeraria, si, pero gañou porque tiña moi boas habilidades de parkour e de escorregamento, bueno, conseguín o meu obxectivo principal así que o podo contar como vitoria, seeeh, bueno, vale, a pachas, qué xente!
Volvendo... que hai un misterio aquí!! Comezo a retirar fragmentos de... moble, vexo chan, vexo parede, vexo tuberías que tiveron momentos mellores pero iso vou esquecelo que vivo aquí (quen veñades de visita facede o mesmo, xa é tarde para avisos).
A verdade que é bastante incómodo retirar todo e teño présa (non, non debería estar escribido isto, shh) así que decido abortar misión e ver se hai cómo bloquear iso, movo algúns dos fragmentos de moble e hum, hai algo moi escuro na parede... Ha, non, non é sangue, nin un cadáver, creo, pero me asomo a verificar...
... ....
Vale, claramente é un oco, iso quere dicir que a hipótese da rata non era tan tola eh, aínda que aí podería vivir un grupo. Vale a aventura tras ese oco é demasiado demandante de tempo para a eu actual. Toca iniciar a retirada, bloqueando todo como estaba, bueno mellor por se acaso (non teño medo, ti tes medo) e nada a volver a limpar, grazas pola vosa atención (si, eu tamén quero saber qué segredo agardan tras ese oco, agardamos á segunda parte da misión).
Baseado en feitos reais.
Comentários