Módulo Oficial ambientada na vida universitaria, nos mundos de Dungeons & Dragons, en concreto en Arcavios (Magic) e na universidade máxica máis recoñecida: Strixhaven.
Nela poden atoparse criaturas de diferentes mundos de Dungeons&Dragons xa que pode ubicarse nun plano aparte, polo que é unha zona chea de diversidade.
Novidades en contidos e mecánicas
Novos contidos
A nova raza: moucho
Novos trasfondos: un para cada escola
Conxuros desenvoltos na universidade máxica
Novo bestiario específico
Ficha de seguemento para as mecánicas específicas
Campaña de nivel 1-10 divisible en 4 aventuras curtas independentes para niveis 1-3, 4-5, 6-7 e 8-10 respectivamente.
Novas mecánicas
Clases
Exames
Relacións sociais
Actividades extracurriculares
Empregos
...incluso un Oráculo. O grupo poderá facer toda a súa vida (practicamente) dentro desta gran cidade universitaria.
A Universidade
A cidade universitaria, fundada por cinco dragóns/onas, está composta por un edificio principal cunha enorme biblioteca e cafetería e outros cinco edificios, conectados entre si, un vinculado a cada escola.
Trae mapas da estrutura global e planos de cada edificio; así como desglose de personal, habitantes e as estatísticas e fichas correspontes, tamén a nivel social.
Escolas Strixhaven
Nesta táboa poden verse as principais diferencias entre as escolas desta universidade de maxia e feiticería. guiadas por diferentes principios centrados en polos opostos.
Contido das filas partido da primeira: Escola, área de estudo, dragón/a fundador/a, mascota e polos opostos da escola e a materia que cada escola imparte no primeiro curso.
Arqueomancia | Artes Elementais | Numeromancia | Elocuencia | Transcendental |
---|---|---|---|---|
Pasado, antigüidades, coñecemento | Lume, auga, aire, terra, relámpago, calor e frío | Matemáticas e natureza | Retórica, oratoria | Vida e morte, crecemento e decadencia, orixe e fin |
Lorehold, Velomachus | Prismari, Galazeth | Quandrix, Tanazir | Silverquill, Shadrix | Whiterbloom, Beledros |
Estatua espiritual | Arte elemental | Fractal | Indicio | Plaga / peste |
Caos e Orde | Perfección e expresión | Teoría e Realidade | Luz e Sombras | Raíces e Veas |
Introdución á arqueomancia | Historia da Maxia e a Arte | Bases da maxia computacional | Iniciación a lectura da tinta | Bocánica arcana básica |
Vermello - branco | Branco - negro | Negro - verde | Verde - azul | Azul - vermello |
Legados de Sapiéntium | Actuación de Prismari | Quantum de Quándrix | Proclama de Plumargéntum | Bruxería de Flosmarcitus |
Organización de estudos
Primeiro curso
Estudo de materias xerais.
Visten uniformes brancos, negros e grises.
Asistencia á materia troncal: Fisoloxía máxica.
Selección de 3 materias para o curso de entre as que imparte cada escola no primeiro curso e a materia de estudios xerais "auras básicas máxicas".
Segundo curso
Elección de escola.
Uniforme da escola.
Asignación de un/ha docente de cada polo da escola como guías.
Cursos posteriores (mínimo terceiro e cuarto)
Especializarse na súa escola ou beber un pouco de outras tamén.
Particularidades na Creación de Personaxes
O grupo de estudantes que van xogar esta aventura, asúmese que, en xeral, accederon a ela dedicando os seus esforzos en prepararse para poder acceder a esta universidade e crecer nalgunha clase ou profesión relacionada coa maxia, aínda que non necesariamente unha clase centrada na maxia.
Comments