Partida moi simple de Harry Potter que pode dirixirse a todas as idades, incluindo peques.
Non atopei a fonte orixinal para poder poñer o enlace, pero aquí deixo o enlace ó PDF, sendo o autor David ng.
Adventure link, by David ng
Adaptación
Cando eu a dirixín pareceume bastante decepcionante o final, así que engadín un pequeno cambio na historia. Ese cambio non altera os sucesos, senón o desenlace.
Engadín a seguinte nota ó final:
comezan a sentir cómo se desprazan, cómo se afastan dese mundo máxico e cando o fan, atopan a seguinte nota.
Era o cumpreanos dunha das xogadoras así que a intención de que pechasen os ollos era deixarlles diante un agasallo... neste caso unha snicht dourada, feita con ganchillo. Deixo o patrón por se a alguén lle interesa, pero obviamente poderiades non darlles nada ou outro tipo de sorpresa.
Comments