top of page
Foto del escritorLamia Escura

A Lagoa da Lamia Escura

Actualizado: 2 nov 2021

A lagoa da Lamia Escura é un recuncho da rede no que a imaxinación pode voar na procura de emocionantes e incribles aventuras das que ti podes disfrutar.


O obxectivo desta web é difundir e facilitar contido que poida axudar a calquera a animarse a xogar ó rol, a coller ideas para desfrutar máis desta afición, a compartir material en diferentes idiomas como son galego, español e inglés, dándolle un agarimo especial ó galego por seren a linguaxe na que menos contido hai das mencionadas, por iso será a principal lingua vehicular da web mais non a única.


Se alguén quere ver ónde pode atopar a súa dose de rol creei unha sección onde recoller servidores que coñezo e nos que sei que podedes xogar tranquilamente e atoparedes un bo trato e apoio: Ónde xogar?


Por qué A Lagoa da Lamia?


Eu xoguei por primeira vez ó rol en Cork, Irlanda, en setembro de 2017 con D&D 5e.


A Lamia é un ser mitolóxico galego que aúna varios conceptos relevantes para o que busco: una criatura mitolóxica feminina e galega metade dragona e, como non, co matiz escuro.

  • Mitoloxía: a fantasía, a imaxinación

  • Muller: como muller que son e para dar máis visibilidade a todas esas numerosas roleiras

  • Galega: unha parte importante de min que quero representar e unha lingua moi fermosa á que quero dar máis presencia na rede, ademais é unha lingua máxica (en Cork preguntáronme en qué falaba porque "parece que estades cantando" mentres me miraba con fascinación - fermoso e inesquecible momento)

  • Alma dragona: como representación dun dos xogos de rol máis coñecidos "D&D" e co que eu mesma comecei a xogar e, non vou negalo, era serie que vin na miña infancia e me trae doces recordos, e qué raio, agora mesmo D&D 5e é ó sistema ó que lle meto máis horas

  • Escuridade: dende pequena sentín unha afinidade co negro, non vos vou contar a miña vida, pero simplemente gústame moito e tanto por iso como pola a súa asociación ó descoñecido, ó terror... unha das miñas temáticas favoritas en películas, videoxogos e bueno... no rol tamén (aínda que máis para dirixilo e que sufran o resto)

  • Lagoa: como representación dunha ubicación próxima á habitat da lamia, relacionada con moitas lendas, como todo o que a auga simboliza, a fluidez, o cambio, a adaptación


O logo


O logo fíxoo miña irmá e se vos fixades está representada, esta criatura coas letras que forman a palabra Lamia. Está moi chulo, pero claro tivo unha boa mestra (véxase eu mesma).





Polo demais, despídome, agardando manter certa actividade por aquí.

64 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page