top of page
Foto del escritorLamia Escura

OGame - Inferno: Caldeiro das Tebras

Actualizado: 20 abr 2023

Xoguei a OGame, si... todo o mundo temos un pasado...


Un xogo que te absorbía o tempo, e por tanto a vida haha, pero claro, xogabas igual. Nin sequera me atraía a temática pero engancheime ben rápido e xoguei mooooitos anos.


Xoguei aproximadamente dende 2006 a 2011, ufff, demasiado tempo!!!


Como todo xogo, pois a xente fala do malo que pode ser, das horas perdidas, incluso da despersonalización pero eu recordo unha anécdota dura e conmovedora neste xogo:


Un xogador faleceu traxicamente nun accidente de tráfico, estaba no posto quinto no universo (creo) e quen estaban por riba de el decidiron atacarse entre si para perder puntos e que el esitvese no primeiro posto. É un xesto pequeno pero eran rivais nesa afición os unía e quixeron facerlle esa homenaxe.




Polo que estou a ver nas mensaxes máis antigas... comecei a xogar en 2006. Sen ter nin idea de nada creei unha alianza, no universo 20: Inferno - Caldeiro das Tebras. Con todo orgullo digo que chegou a top 3!! Como xogadora... non recordo pero creo que estiven polo menos no poseto 15 porque atopei un correo no que o menciono xD


Tiñamos límite de 30 membros na alianza e canteira... hai, qué tempos, haha. Eu era a súa líder: Feiticeira Escura.


Mandando mensaxes personalizadas a cada usuario e usuaria que atopaba pola proximidade das súas colonias, polo seu alias, polo que fora... eu xuntei un bo grupo, practicamente a primeira persoa que atopei era galega e controlaba do xogo xD, foi o segundo de abordo "Mestre Escuro", gardo moitos recordos con el e ó pouco invitou a un compañeiro e eran dous dos principais atacantes da alianza.


Unha das anécdotas que gardo con cariño, e sopresa naquel momento, foi cando lle dixen a Mestre Escuro que tiña que poñer a conta en modo vacacións porque ese me avariara o ordenador, queimáraseme a fonte de alimentación. Díxenllo dende casa da miña curmá, daquelas o de Internet nos móbiles como non, agora sería máis cómo xogar pero mellor non XD. O caso é que lle dixen iso e conseguiume unha fonte de alimentación ese mesmo día!! Só o mirei en persoa uns segundos, os que parou o coche uns segundos de camiño ó traballo para que eu me achegara a recoller a fonte de alimentación.


Topei moitas persoas interesantes, máis galegos, unha rapaza duns 30 anos, Mónika que non era moio falandeira e me sentía moi orgullosa cando se animaba a participar, un homiño nomeado "peladas", algo maior que abandoou o xogo por problemas de saúde e moita máis xente, incluso un estudiante de Minas que cheguei a desvirtualizar (aínda que antes non se dicía esa palabra xD). Tantas outras persoas que coñecín... dende logo o mellor que saquei do xogo: a xentiña pero por desgracia perdimos o contacto, peeeero agora que estiven vendo correos pois, escribinlles a un par dos que tiña o correo :P , non sei, ¿por qué non? A ver qué tal lles vai!


Moita xente, moi diferente, era un grupo diverso e creo que aprendín moito aí e debo dicir que debeu calar algo a alianza porque tempo despois dixéronme que estaba tamén no universo 50 e eu non tiven nada que ver! Así que imaxino que alguén quixo creala.


Estiven en máis universos pero no 20 foi no que máis xoguei. Deixo aquí un pantallazo do detalle da alianza. ¿Por qué o teño? Non sei, "quen gharda, sempre ten" e eu adoito facer copias de todo "por se acaso" e así chegou aquí está imaxe cargada de recordos!!


Autoría imaxes: a primeira é de Victoria Francés e a última de Luís Royo, non sei, nin recordo de ónde saquei o resto hai tantos anos, pero se alguén sabe actualizo.


24 visualizaciones2 comentarios

2 Comments


Trevi Trevizer
Trevi Trevizer
May 20, 2022

Eu tamén xoguei a OGame aínda que non tanto tempo. A verdad é que é un vicio. Os gráficos sinxelos pero curiosos sempre gustáronme moito :)

Like
Lamia Escura
Lamia Escura
May 20, 2022
Replying to

Haha, eu caín moitos anos no vicio e teño gratos recordos pero tamén moito agobio só de recordar os momentos de tensión xDD Qué ben atopar máis xentiña que o xogou!!

Like
bottom of page